Skip to Content

Taboleiro

Campaña de doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia organiza a Campaña de doazón de sangue como cada ano coa autorización da Dirección do IES Perdouro.

O alumnado que compre cos requisitos poderá participar de forma voluntaria na campaña de doazón de sangue na unidade móbil instalada no aparcadoiro do Instituto Monte Castelo o Mércores 19 de Febreiro de 10:30-14:00 e de 16:30-21:00. O médico poderá entregar un xustificante ao alumnado se llelo pide.

Mércores 5 de febreiro - retomamos as clases con normalidade

A Consellería de Cultura e Educación comunica que este mércores 5 de febreiro os centros educativos da comunidade permanecerán abertos.

Máis información...

SUSPENDIDAS AS CLASES - MARTES 4 FEBREIRO

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (boletín núm. 49, emitido ás 10:40 h do 3/02/2014) alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel vermello, dende as 15:00 h e ata as 21:00 h do martes 4 de febreiro de 2014 , por fortes rachas de vento, que afectará á Mariña Lucense.

Ante a devandita situación de risco,a Comisión Escolar de Alertas acordou a SUSPENSIÓN DE TODA ACTIVIDADE DOCENTE, O TRANSPORTE ESCOLAR E AS ACTIVIDADES NO EXTERIOR E EXTRASESCOLARES DO DÍA 4 DE FEBREIRO DE 2014 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Mariña Lucense.

Entérate!!!

Se queres estar ao tanto de todo canto acontece no IES Perdouro e estar informado/a dos procesos e datas de admisión, matrícula entre outros trámites, síguenos polos blogues e polas Redes Sociais. Entérate!

Premios extraordinarios ESO

Convocados os premios extraordinarios de ESO correspondentes ao curso 2012-2013

Prazo de presentación : 20 de setembro de 2013

Documentación (Anexo 1): 

Sede telemática:

Para máis información, https://www.edu.xunta.es/premioseso

AVISO: Probas libres de Ciclos Formativos Loxse

Haircut : Happy young woman getting a new haircut by hairdresser at parlor

Probas libres de CF Loxse: CM de Perrucaría

Celebrarase o martes 10 de setembro ás 10h00 na aula 206 do IES Perdouro a proba correspondente o módulo de corte de cabelo e técnicas complementarias.

Banco Solidario de Libros de Texto Usados - Setembro 2013

Aviso urxente : Traede os vosos libros de texto usados ao Banco Solidario, ata o luns 9 de setembro

CONVOCATORIA DE SETEMBRO:

O alumnado que se presentará ás probas extraordinarias de setembro terá que entregar os seus libros e cubrir o cupón de solicitude que se devolverá ao centro antes do luns, día 9 de setembro ás 14h00, inclusive.

Reparto de libros de texto segundo solicitudes recibidas:

  • Mércores 11 de setembro, entre as 10h e as 12h. e entre as 16h e as 18h.

Bolsas 2013-2014

Bolsas de carácter xeral para alumnos de niveis postobligatorios curso 2013-2014. (Niveis non universitarios) (BOE do luns 19 de agosto de 2013)

  • Prazo de presentación aberto ata o 30 de setembro de 2013

A solicitude deberá cubrirse mediante o formulario de solicitude accesible por vía telemática.

Máis información:

 

Axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo (2013-2014)

  • Prazo de presentación aberto ata o 30 de setembro de 2013

Curso 2013-2014 - Inicio e presentación

INICIO DO CURSO 2013-2014

School : Teacher Explaining Something to Students

MARTES 17 DE SETEMBRO

  • 10:00h - Presentación do curso: 3º e 4º de ESO 
  • 10:45h - Presentación do curso: BAC e PCPI
  • 11:30h - Presentación do curso: 1º e 2º de ESO

MÉRCORES 18 DE SETEMBRO

  • 10:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:1º Curso
  • 11:00h - Presentación dos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior:2º Curso

Probas extraordinarias de Setembro 2013

PROBAS EXTRAORDINARIAS DE SETEMBRO
News image   

luns 2

Martes 3

Mércores 4

Convocatoria extraordinaria de exames. Prema na seguinte ligazón para consultar o calendario. A distribución de grupos en aulas será feita polo profesorado no momento do chamamento ás probas.
  Mércores 4 Avaliación de 2º de BAC e entrega de notas ás 12h00.
(Período de reclamacións do 5 ao 7 de setembro)
  Xoves 5 Avaliación de  ESO e 1º de BAC
Venres 6 10:00h
Entrega de Notas. (Período de reclamacións do 6 ao 9 de setembro)

 

Banco Solidario de Libros de Texto Usados

Aviso: Traede os vosos libros de texto usados ao Banco Solidario. Para acollervos ao banco, vide recoller o vale:

  • Xoves 27 de xuño, entre as 16h e as 18h e
  • Venres 28 de xuño, entre as 10h e as 12h.

Reparto de libros de texto segundo solicitudes recibidas:

  • Xoves 11 de xullo, entre as 16h e as18h
  • Venres 12 de xullo, entre as 10h e as12h.

CONVOCATORIA DE SETEMBRO:

O alumnado que se presentará ás probas extraordinarias de setembro terá que entregar os seus libros e cubrir o cupón de solicitude que se devolverá ao centro antes do luns, día 9 de setembro ás 14h00, inclusive.

Reparto de libros de texto segundo solicitudes recibidas:

  • Mércores 11 de setembro, entre as 10h e as 12h. e entre as 16h e as 18h.

Publicadas as cualifacións provisionais das probas PAU

SUCCESSFUL School Exams : 3d blancs étudiants studieux, isolé sur fond blanc, image 3dResultados PAU: 100% de aprobados. Parabéns para tod@s os nosos alumnos que as superaron.

Noraboa Óscar, Érick, Aitor, Ángel, Javier, Lucía, Christián, Tamara, Andrés, Rocío e Vanessa. Unha nova etapa empeza para vós! Sorte!

Probas extraordinarias de setembro - Curso 2012-2013

Oferta CF 2013-2014

Programa de Axudas para libros do curso 2013/2014

Axudas libros de textoConvócanse axudas para a adquisición de libros de texto para o curso 2013-2014. Aberto o prazo dende o 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013.

Toda a información relevante sobre a gratuidade solidaria no portal da Xunta, Gratuidade solidaria - curso 2013-2014

Distribuir contido


by Dr. Radut