Skip to Content

O IES Perdouro abre a convocatoria para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro (Erasmus+)

Convocatoria

Está aberta a convocatoria, dirixida ao alumnado do noso centro, para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro neste curso académico 2017/2018 (Programa Erasmus+)

Se estás cursando o segundo ano dun ciclo formativo de grao medio ou de FP Básica podes presentar a túa solicitude ata o martes día 17 de outubro. Información máis detallada no noso blog de Programas Internacionais.

Máis adiante tamén ofreceremos prazas dirixidas a alumnado recén titulado (alumnado que está cursando agora 2º de CM), para estadías de prácticas no estranxeiro a realizar despois do mes de xuño.

Por qué facer prácticas no estranxeiro?

A globalización dos mercados (tamén do laboral) xa é unha realidade a pé de rúa. Moitas das pequenas empresas dos nosos pobos xa mateñen relacións comerciais con provedores ou clientes de outros países. Esas empresas necesitan persoal con capacidade para viaxar e desenvolverse no estranxeiro, ou cando menos para comunicarse e operar no ámbito internacional, aínda que sexa desde unha oficina en España.

En sintonía con esta nova realidade e cos requirimentos que se lle piden ao traballador de hoxe, as estadías de prácticas no estranxeiro favorecen a empregabilidade das persoas, apórtanlles un conxunto de aptitudes de gran valor, como son as seguintes:

  • Aprendizaxe ou perfeccionamento doutras linguas
  • Madurez e seguridade a nivel persoal e profesional,
  • Capacidade de viaxar e de desenvolverse no estranxeiro
  • Capacidade de resolver problemas da vida real de forma autónoma.
  • Coñecemento e respecto doutras formas de vida e costumes
  • Confianza en si mesmo/a para tomar a decisión de desprazarse a outro país para vivir e traballar.

En definitiva, o feito de incluír no noso currículo unha estadía de prácticas no estranxeiro conleva unha marca de "persoa espabilada e de mundo".

Proxecto Next Station

O IES Perdouro ofrece estas prazas de mobilidade dentro do proxecto “Next Station: Improving Professional Skills in Galicia”, promovido pola Consellería de Cultura e Educación para un consorcio formado por 37 centros de secundaria de toda Galicia entre os que se atopa o noso.

Na táboa seguinte indícanse as características principais do proxecto, que ten unha duración de dous anos (2016/2018):

Proxecto Mobilidades Participantes
Convocatoria 2016

Europa. Next Station: Improving ProfessionalSkills in Galicia
Convenio 2016-1-ES01-KA102-024869

Importe concedido pola UE:          1.462.113,00 euros

  • 325 mobilidades de alumnado de ciclos de grao medio para FCT
  • 20 mobilidades de alumnado de FP básica
  • 50 mobilidades de persoas tituladas
  • 37 profesores acompañantes
  • 75 mobilidades de profesorado
  • 30 expertos de empresas estranxeiras
19 CIFP
18 IES

Programa Erasmus+

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude eo deporte para o período 2014-2020.

Erasmus+ ten como finalidade potenciar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal, ademais de axudar a que a nosa educación, formación e sistemas xuvenís proporcionen ensino e aprendizaxe que equipen ás persoas coas habilidades necesarias para o mercado laboral e a sociedade actual e futura.

O programa céntrase na aprendizaxe formal e informal cunha clara vocación de internacionalización co obxectivo de mellorar as capacidades educativas e formativas das persoas para favorecer a empregabilidade de estudantes, profesorado e traballadores e traballadoras.

Erasmus + pretende apoiar as políticas europeas e nacionais en todos os ámbitos da educación e formación a través do valor engadido que supón a internacionalización e ofrecer maiores posibilidades de mobilidade e cooperación europeas a miles de institucións e persoas do noso país.

Portal nacional do programa Erasmus+

Páxina sobre Erasmus+ no portal da Consellería de Cultura e Educación

Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE)

O Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) é o organismo autónomo no ámbito do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, que actúa como a Axencia Nacional para a xestión, difusión, promoción e estudos de impacto do programa Erasmus+ no campo da educación e formación (2014-2020), así como outras iniciativas europeas e programas educativos.

O SEPIE ocúpase de difundir a convocatoria de programas, prestar asistencia técnica e asesoramento a potenciais beneficiarios das accións e facer accións adecuadas de seguimento planeadas para acadar os seus resultados.

SEPIE no portal nacional de Erasmus+

Acceso ao sitio web do SEPIE

 



page | by Dr. Radut