Skip to Content

O profesorado do IES Perdouro completa a formación EDIXGAL programada para o curso 2017/2018

Un grupo de 20 profesores e profesoras do IES Perdouro remataron a formación programada para este ano académico 2017/2018 sobre o proxecto Edixgal. No mes de outubro recibiron un curso inicial de introdución de 12 horas. A continuación, no mes de novembro, iniciouse un curso de 10 horas xunto con un seminario de formación permanente de 20 horas de duración. Estes últimos fóronse alternando ata rematar no día de hoxe, 11 de abril, sumando un total de 42 horas de formación do profesorado.

 

Contidos que se traballaron nas actividades de formación:

  • Funcionamento do Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA)
  • Comunicación co alumnado e coas familias
  • Xestión do alumnado matriculado
  • Ferramentas de autor
  • Creación de contidos e recursos dixitais de diferentes clases
  • Creación de actividades didácticas de diversos tipos
  • Selección e modificación dos recursos dispoñibles no EVA, proporcionados polas editoriais Netex, Edebé e Planeta
  • Avaliación do alumnado

 

 



page | by Dr. Radut