Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Saber dicir "NON"...

...Ás veces non é tan doado. Aprende máis sobre asertividade nesta presentación tomada de slideshare.

Notas de corte 2010

Xa se poden consultar as notas de corte das Universidades galegas correspondentes á selectividade do 2010. A puntuación máis alta segue a ser a necesaria para acceder ó grao en Medicina, acadando co novo sistema de acceso un 11,230 en xuño.

Podes consultar todas as notas no seguinte enlace:

http://ciug.cesga.es/notascorte.html

Prazo de admisión a ciclos formativos

En breve, comezará o PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.

O PRAZO ORDINARIO será do 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos, e o PRAZO EXTRAORDINARIO, do 1 ao 13 de setembro, ambos os dous incluídos.

Os ciclos solicitados ordéanse do 1 ao 8 segundo a orde de preferencia (ciclos e centros) e o LUGAR DE ENTREGA da solicitude será no centro que figura como primeira opción

A DOCUMENTACIÓN a presentar é:

a) Fotocopia cotexada do documento de identificación: DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea.

b) Quen solicite acceso directo a ciclos formativos de grao medio deberá achegar certificación oficial da titulación ou dos estudos requiridos para o acceso, na cal figuren as cualificacións das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso.

c) Quen solicite acceso directo a ciclos formativos de grao superior deberá achegar certificación oficial da titulación requirida para o acceso, na cal figuren as cualificacións das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título.

d) Quen solicite acceso mediante proba deberá achegar unha copia compulsada do certificado da superación da proba de acceso aos ciclos formativos solicitados. As persoas que accedan por ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou acrediten a exención total da proba de acceso a ciclos formativos deberán presentar copia compulsada da correspondente certificación.

e) As persoas discapacitadas que opten ás prazas reservadas deberán presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez, xunto co seu ditame técnico facultativo.

Probas de clasificación de Escolas Oficiais de Idiomas (curso 2010/2011)

O alumnado que teña coñecementos previos dun idioma e desexe matricularse nunha Escola Oficial de Idiomas para cursar, na modalidade presencial, un curso distinto a 1º, deberá realizar unha proba de clasificación, coa que poderá ter acceso directo a calquera dos cursos dese idioma.

O prazo de inscripción a estas proba é do 1 ó 8 de xuño de 2010.

As probas de clasificación constan dunha parte escrita e dunha parte de comprensión e expresión oral e serán administradas en 2 sesións distintas, sendo a Escola Oficial de Idiomas que estableza o calendario das probas orais.

As partes escritas terán lugar entre o día 10 e o 17 de xuño de 2010.

Unha vez que se publique o resultado das probas, o alumnado deberá realizar a correspondente preinscrición no curso e nivel segundo o resultado das mesmas.

A superación das probas de clasificación terá unha vixencia de 2 cursos académicos para os efectos de formalización de matrícula oficial.

NON poderá matricularse nunha proba de clasificación o alumnado que xa cursara estudos presenciais nunha EOI no curso 2008/2009 ou 2009/2010. 

Probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas superiores de deseño (curso 2010/2011)

ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO 

As persoas interesadas deben inscribirse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia.

Ciclos medios: ata o 15 de xuño de 2010.

Ciclos superiores: ata o 23 de xuño de 2010.

As probas de acceso a ciclos medios realizaranse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño nos días que se indican a continuación:

Proba de madureza (para os aspirantes que non cumpran requisitos académicos): 1 de setembro de 2010. 

Proba específica: 2 de setembro de 2010.

As probas de acceso a ciclos superiores realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días que se indican a continuación:

Proba de madureza (para os aspirantes que non cumpran requisitos académicos): 28 de xuño de 2010.

Proba específica: 7 de xullo de 2010. 

ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO

As persoas interesadas deben inscribirse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia e terán de prazo ata o 23 de xuño de 2010.

As probas de acceso ás ensinanzas superiores de deseño realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días que se indican a continuación:

Proba de madureza (para os aspirantes que non cumpran requisitos académicos): 29 de xuño de 2010.

Proba específica: 6 de xullo de 2010. 

 

Procedemento para solicitar axudas do Ministerio de Educación

MOI IMPORTANTE!

Para poder solicitar unha axuda do Ministerio de Educación, para o próximo curso, deberás rexistrarte previamente na páxina:

https://sede.educacion.gob.es

Os pasos a realizar son:

1. Realizar o rexistro en:

https://sede.educacion.gob.es/tramite/

O PRAZO para realizar o rexistro é durante os meses de MAIO e XUÑO.

2.  Conservar o nome de usuario e a clave.

3.  Realizar a solicitude de bolsa cando abra o prazo, enchendo o formulario no mesmo enderezo.

MÁIS INFORMACIÓN:

https://sede.educacion.gob.es/tablon-anuncios/uso-tramites.html

Tlf: 915505957

Distribuir contido