Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Membros departamento de orientación 2023/2024

Xefa dpto: Carmen Campos Calvo

Profesor Apoio PT: Juan José Abalde García.

Titor ámbito linguístico: Ismael Alonso Lorenzo

Titora ámbito científico: Isabel Taboada Costas

FOL: Iván González Lanzas

Xefa Dpto Centro adscrito: Susana Lamela Pérez

 

BECA PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO 2024-2025

Xa se pode solicitar a BECA ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, para o curso 2024-2025.

Toda a Información está dispoñible no Portal de becas e axudas do MEFP.

O prazo de solicitude abrangue desde o 30 de abril ata o 13 de setembro

 

As Persoas destinatarias das axudas serán aquelas que presenten unha necesidade específica de recibir apoio educativo derivado dalgunha das seguintes situacións:

 

  • Discapacidade (igual o superior 25%)
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2024

REQUISITOS

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023-2024 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 .

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será do 29 de abril ó 28 de maio de 2024.

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:

BECAS MEC

Xa se pode solicitar a BECA ou axuda do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o vindeiro curso 2024/2025. 

Toda a información está dispoñible no Portal de becas e axudas do MEFP.

O prazo de solicitude abrangue desde o 19 de marzo ata o 10 de maio. 

 

Estas Becas afectan ao alumnado que vaia a cursar para o próximo curso escolar as seguintes opcións: 

 

- 1º ou 2º de Bacharelato

- 1º ou 2º Ciclo formativo de grao básico

- 1º e 2º Ciclo medio e Ciclo Superior

- Acceso a Universidade

Probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo 2024/2025.

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na Universidade de Vigo, para o curso 2024-2025.

 

Datas presentación de solicitudes

Do 8 de marzo ao 2 de abril

DATAS DAS PROBAS: 

Calendario

Convocadas as probas de acceso a ciclos de FP de grao medio e superior en Galicia 2024

Publicouse a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024.

 

PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • CICLOS MEDIOS: Entre o 26 de febreiro e o 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • CICLOS SUPERIORES: Entre o 29 de xaneiro e o 9 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

PARA MAIS INFORMACIÓN VISITADE ESTE ENLACE 

Distribuir contido