try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
I.E.S. Pedra da Auga
Instituto de educación secundaria

Historia e Xeografía

Departamento de Historia e Xeografía

MODIFICACIÓN PROGRAMACIÓN DEP. HISTORIA 21-22

Neste arquivo pódense consultar as modificacións á programación do departamento de Historia que responden a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema

ACTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ACTO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 4º ESO DO IES PEDRA DA AUGA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O DÍA 25 DE NOVEMBRO DE 2020.

Investigación sobre iconografía de xénero

A prensa fíxose eco estes días do traballo que realizamos no instituto dende a materia de Historia da arte. ( o link é: https://www.farodevigo.es/galicia/2019/05/26/sexismo-empieza-bano/2112152.html ) e que foi publicado no último número da Revista Galega de Educación. Neste artigo ven a sintetizar a investigación que desenvolvimos a partires do estudo dunha icona tan cotiá como é a representación de homes e mulleres nos aseos públicos.


 

ESPOSICIÓN TRABALLOS 2ºESO

Como xa informamos anteriormente os alumnos e alumnas de 2º de ESO B, dirixidos por Viky, a profesora de Ciencias Sociais, fixeron có motivo do Dia Internacional da Muller,  unha presentación de positivas que foi proxectada durante toda a mañán do día 8 de marzo. Pois ben, despóis contunuaron profundizando no tema e onte reuniron ao alumnado de 1º ESO no salón de actos para expor os seus traballos sobre a muller e a universidade. Aquí tedes as fotos.

 

VISITA AO CONCELLO DE PONTEAREAS

Preme na imaxe para acceder á galería.

Alumnos e alumnas de 2ºESO acompañados polas profesoras Mercedes Martín e Rosa Casero, participaron nunha visita ao Concello de Ponteareas asistindo a unha charla sobre o censo de poboación da vila.

ROTEIRO CAMIÑO PORTUGUÉS

O luns 25 de abril, os alumnos e alumnas de 2ºESO acompañados polas profesoras Mercedes Martín e Liliana Carro, percorreron a etapa do Camiño Portugués a Santiago que vai de Tui a Porriño.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

Iniciaron a camiñada ao pe da ponte internacional do río Miño e cargados de intrigas que resolver percorreron a cidade de Tui pescudando nas pegadas que a historia deixou ao seu paso. Porque non se tratou so de camiñar, en equipos de seis competiron por dar resposta a unha serie de preguntas sobre monumentos, curiosidades e historias sobre o Tui medieval, o equipo gañador foi obsequiado cunha Carta do Peregrino para obter a Compostela.

Hoxe saben un pouco mai sobre a estrutura dunha cidade medieval do Camiño de Santiago, os arrabaldes, a muraia, a catedral e a xudería!

Distribuir contido