Filosofía
SAÍDAS DIDÁCTICAS 23-24
O departamento de filosofía propón as seguintes saídas para o alumnado de 4º ESO e 1º BACH:
- 4º ESO: Saída en colaboración co departamento de xeografía e historia: Viena-Mauthausen (15-19 de marzo)
LIBROS DE TEXTO, DE LECTURA E RECOMENDADOS POR MATERIAS DO DEPARTAMENTO 23-24:
- VALORES ÉTICOS 3º ESO: Non existe libro de texto. Traballarase con apuntamentos colgados en edixgal.
- FILOSOFÍA 4º ESO: Non existe libro de texto. Traballarase con apuntamentos colgados en edixgal. Libro de lectura El Hombre en busca de Sentido ISBN-13: 978-8425432026 (Ed. Herder) (dispoñible en versión gratuíta tamén en internet)
- FILOSOFÍA 1º BACH: Empregarase o libro de texto FILOSOFÍA 1º BACHILLERATO CONSTRUYENDO MUNDOS, Ed. Santillana ISBN: 9788468067681
- HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º BACH: Non existe libro de texto. Traballarase con apuntamentos colgados na aulavirtual. Recoméndase o libro de texto HISTORIA DE LA FILOSOFÍA 2 BACHILLERATO Serie Reflexiona, Ed. Santillana ISBN: 9788414101940
- PSICOLOXÍA 2º BACH: Non existe libro de texto. Traballarase con apuntamentos colgados na aulavirtual. Recoméndase o libro Psicologicamente hablando: Un recorrido por las maravillas de la mente (Para curiosos) Ediciones Paidós ISBN-13: 978-8449332425
RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA 23-24:
Aquel alumnado que promocionou ao curso seguinte pero non aprobou algunha materia do Departamento de Filosofía será obxecto dun seguimento para a súa recuperación:
- VALORES CÍVICOS E ÉTICOS:
- Entrega dos traballos de recuperación colgados no edixgal nas datas sinaladas para tal fin onde o alumnado desenvolverá as competencias pertinentes.
- O alumnado coa materia pendente será convocado ao inicio do curso para explicarlle o plan de recuperación, localización dos traballos, datas de entrega e outras cuestións de interese.
- Se o alumnado non supera a materia mediante a entrega de traballos realizará unha proba final no mes de maio en función a contidos mínimos.
- FILOSOFÍA 1º DE BACHARELATO:
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E RECUPERACIÓN 23-24
Na seguinte entrada podes atopar os criterios de avaliación así como de recuperación das materias do departamento de filosofía do curso 2023-2024
HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS E/OU RESPONSABLES 23-24
Martes 12.45-113.35 (5º hora do martes)
Solicitude de cita mediante a plataforma ABALAR
MATERIAS QUE SE IMPARTEN NO DEPARTAMENTO 23-24:
Materias que se imparten no departamento:
María González (Xefa departamento):
- HISTORIA DA FILOSOFÍA 2º BACHARELATO
- PSICOLOXÍA 2º BACHARELATO
- FILOSOFÍA 1º BACHARELATO
- FILOSOFIA 4º ESO.
Xosé Lois Gómez (Xeografía e Historia):
- 3º ESO VALORES CÍVICOS E ÉTICOS
Concurso intercentros: Repensando o amor
Concurso intercentros: Repensando o amor:
O 24 de marzo tivo lugar na biblioteca do IES Val do Tea a entrega de premios do concurso filosófico intercentros "Repensar o amor", convocado co gallo do 14 de febreiro. As persoas gañadoras e finalistas foron as seguintes:
- Modalidade A (ESO):
• Gañador: Hugo Menéndez Farpón (IES Pedra de Auga).
• Finalista: Alejandra Pérez Cuevas (IES Pedra de Auga).
- Modalidade B (Bacharelato):
• Gañadora: Sofía Rodríguez Fernández (IES Val do Tea).
• Finalistas: Sofía Tellado Muñoz (IES Val do Tea), Antía Martínez Pérez (IES Pedra de Auga) e María Alba Ramallo Martínez (IES Val do Tea).
¡Parabéns aos gañadores e finalistas!
8M: Mural e entrevista na radio
8M: Mural e entrevista na radio
No día 8 de marzo un grupo de 5 alumnos de 4º ESO A e B parciparon nunha entrevista na radio do centro onde se sinalou a importancia de coñecer as orixes e desenvolvemento do movemento feminista, así como a identificación dos problemas que afectan as mulleres na actualidade.
8M: Mural "4 ondas do feminismo"
1. 8M: Mural
Durante o mes de marzo os grupos de 4º ESO A e B realizaron un mural na materia de Filosofía para explicar as 4 ondas do feminismo: dende a Ilustración ata a actualidade.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN E RECUPERACIÓN DAS MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA CURSO 2022-2023
Na seguinte entrada podes atopar os criterios de avaliación así como de recuperación das materias do departamento de filosofía do curso 2022-2023
