”NEW LIGHT WITH OLD IDEAS”
Este suxerinte título non é outro co da CONFERENCIA ONLINE INTERNACIONAL, que o alumnado de 1º BAC C do noso Centro vai a producir e coordinar o vindeiro venres 24 de abril.
Nunha nova entrega das súas andanzas, os nosos “frikis da física”, ca axuda do seu profesor Xabier Prado e a colaboración dos Departamentos de Inglés e Tecnoloxía, embarcan a outras 6 escolas da redPEA-UNESCO (de Alemaña, Grecia, Italia, EEUU, Holanda e Suíza) no desafío de compartir en directo os seus traballos de investigación para conmemorar o Ano Internacional da Luz.

Como sairá?. De momento a páxina web CIENCIA GALEGA fíxose eco do evento.
Preme no link para botarlle unha ollada: