Complementarias
PORTAS TERRORÍFICAS HALLOWEEN
Outro ano mais o IES Pedra da Auga celebrou o concurso das "PORTAS TERRORÍFICAS", consistente en decorar a porta da súa aula de forma terrorífica
PORTAS TERRORÍFICAS on PhotoPeach
TORNEO DE XADREZ IES BARRAL
O pasado 31 de maio, celebrouse na Praza do Mercado, o último torneo de xadrez do curso 2017-2018, organizado polo IES Barral.
Outra vez o noso equipo formado por Arón, Guille, Andrés P., Ángela, Juliana, Marcos E., Andrés E., Marcos R., Yeray, Luis, José Luis, Anxo, David Brais, Rubén e Antonio, pasaron unha gran mañá disfrutando co xadrez.
TORNEO XADREZ IES BARRAL, na praza do mercado on PhotoPeach
PARTICIPACIÓN NO CONGRESO DE ALUMNADO DA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS
O pasado 12 de abril, os alumnos de 1º ESO B, Antía, Anxo, Arón, Candela, Davinia e Sebastián, acompañados pola súa profesora de bioloxía e tutora, Puri, presentaron o seu traballo " Está en perigo o nosa biodiversidade?", no I Congreso de alumnado, dentro da III Semana das Ciencias, que se celebrou no IES Val do Tea.
Noraboa polo seu traballo.
CONGRESO III SEMANA DAS CIENCIAS on PhotoPeach
VISITA DE RAMÓN CARIDE
O pasado día 5 de marzo, o escritor Ramón Caride estivo de visita no IES PEDRA DA AUGA, para comentar co alumnado de 1º e 3º da ESO os libros que leron, exogamia, endogamia e o camiño da estadea.
Visita de Ramón Caride on PhotoPeach
ENTROIDO 2018, IES PEDRA DA AUGA
O día 9 de febreiro celebramos no IES PEDRA DA AUGA, o festival de entroido.
Participaron só 5 grupos, pero fixérono moi ben, e pasamos unha boa mañá de entroido.
Moitas grazas aos participantes, e felicidades aos premiados.
1º PREMIO: 4º ESO
2º PREMIO: (premio compartido) 3º ESO e 1º ESO
3º PREMIO; 1º BACH
entroido 2018 IES PEDRA DA AUGA on PhotoPeach
VISITA Á FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS
O día 5 de febreiro o noso alumnado de 4º ESO, 3º ESO B/PMAR, asistíron á Feira das Ensinanzas Profesionais e artísticas.
visita á feira das ensinanzas profesionais on PhotoPeach
TORNEO DE XADREZ
O pasado día 1 de febreiro, celebrouse no IES VAL DO TEA un torneo de Xadrez, ao que estábamos convidados os tres institutos públicos de Ponteareas, O IES Val do Tea, IES Barral e o IES Pedra da Auga.
O noso alumnado, (participaron 15 en total, dos cursos de 2º ESO e 2º de Bacharelato), pasou unha boa mañá entre taboleiros de xadrez practicando esa aficción que tanto lle gusta.
Para o próximo trimestre temos a responsabilidade de organizalo nos no noso centro, esperámosvos a tod@s.
Torneo Xadrez no IES Val do Tea on PhotoPeach
DÍA DA PAZ 2018
O pasado día 30de xaneiro celebramos o día da PAZ no IES Pedra da Auga.
Decoramos as nosas escaleiras cun poema de Gloria Fuertes, xa que este ano a Unesco adicoulle a día da Paz e esta escritora.
Tamén fixemos un símbolo da paz e unhas pombas coas fotos dos nosos alumnos.
Para rematar. o noso profesor de Galego, MATÍAS, escribeunos un poema "PAZ".
Axudaron na elaboración destes materiais o alumnado de 3º eso B, e 2º FPBásica, gracias a tod@s.
Día da PAZ, 30-01-2018, IES Pedra da Auga on PhotoPeach
Podes ver as fotos no documento adxunto
