Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo desta semana realizamos distintas actividades para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.
A prevención é unha das claves para acabar con esta lacra social, así este curso continuamos traballando pola eliminación da violencia contra a muller a través da sensibilización do alumnado contra o maltrato e as distintas formas de violencia machista.

 Preme na imaxe para acceder á galería.

ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO

Hoxe no IES Pedra dá Auga tivemos a visita do escritor Francisco Castro. Os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO gozaron dun animado encontro literario co autor vigués, actividade conducida polo profesor Matías Rodríguez e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
Preme na imaxe para acceder á galería.



MAGOSTO

Onte celebramos no noso centro a festa do Magosto.

Seguindo a tradición, participamos nesta xornada de convivencia na que o mais importante foi o ben que o pasamos.

A festa comezou cunha actuación musical. Alumnos e profesores cantamos coas melodías dun grupo moi especial: Cristina Alonso, Nacho Iriondo, Liliana Carro, Rosa Estévez, acompañados dalgúns dos nosos alumnos. “A muiñeira de San Amaro”, “O galo” e “Rumba de Cuba" foron as cancións que marcaron o inicio da festa.

Os alumnos e alumnas dos ciclos de Automoción e Administrativo e os seus profesores encargáronse do preparado, asado e dispensado das castañas.

Preme na imaxe para acceder á galería.

PROGRAMA KTORCE18

Resultado de imagen de programa ktorce 18
Os alumnos e alumnas de 1º de Formación Profesional Básica, recibiron esta semana  unha charla divulgativa sobre a lei do menor no marco do programa ktorce18, da man dun membro da asociación ARELA.

SAMAÍN

Hoxe, celebramos a festividade do Samaín.
Os alumnos e alumnas participaron en distintas actividades para conmemorar o inicio do ano novo celta e comezo da estación escura.

Preme nas imaxes para acceder ás galerías

DÍA MUNDIAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Os alumnos e alumnas de 1º de ESO celebraron nesta semana o día da biblioteca escolar (24 de outubro) cunha actividade de procura de libros, tratábase de coñecer un poquito máis a nosa Augateca  e a orde que seguen os libros nela.

Preme na imaxe para acceder á galería

I Concurso de debuxo contra a violencia de xénero

  Desde o Centro de Información á Muller (CIM), dependente do Concello de Ponteareas, convócase o I Concurso de debuxo contra a violencia de xénero.

Para participar tedes que realizar un debuxo relacionado coa loita contra a violencia de xénero.

Os debuxos poderán ir acompañados dunha frase do autor ou autora (non deben exceder as vinte palabras) que exprese a súa visión ou opinión sobre a violencia machista e deberá ser coherente co deseño presentado.
Poderán participar alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
Os debuxos/pinturas deberán realizarse nun soporte de tamaño A4 a unha soa cara. A técnica do debuxo será libre.

Premios concurso "O libro dos profes"

Xa temos gañadores do concurso celebrado o 5 de Outubro: "O libro dos profes". Parabéns aos premiados.

Preme na imaxe para accceder á galería.

Día Mundial dos docentes

O 5 de Outubro foi o "Día Mundial dos Docentes". Para celebralo alumnos e alumnas da ESO participaron no concurso "Os libros dos Profes".
O xogo consistía en descubrir os libros preferidos dos seus profes seguindo as pistas...

Preme na foto para acceder á galería.

 

Marcha solidaria de apoio ó cancro de mama

O luns, 19 de outubro, o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bacharelato, participará na marcha solidaria de apoio ó cancro de mama, que se celebrará en Ponteareas.

Ó comezo e o remate da marcha todos e todas cantaremos e bailaremos a canción "Hoy todo va a salirme bien" de El arrebato.

Para que vaiades practicando, deixámosvos a coreografía. Preme na imaxe para acceder ó titorial.

Distribuir contido