Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

OBRADOIROS FP BÁSICA

O alumnado de 1ºFP Básica de Electricidade e Servizos Administrativos, participou ao longo do trimestre en dous obradoiros que finalizaron hoxe: "Prevención no Consumo de Drogas" e "Habilidades Sociais" . Ambos organizados polo Departamento de Orientación e impartidos por un membro da Asociación Amaina.

RECORDANDO A ROSALÍA

O Departamento de Lingua e Literatura Galega en colaboración coa Augateca, organizou hoxe 24 de febreiro, “Día de Rosalía”, un recital de poesía a cargo de alumnos e alumnas de Bacharelato para recordar a esta escritora emblemática da nosa literatura.

Preme na imaxe para acceder á galería.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS

Co obxectivo de dar a coñecer as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo das distintas drogas, e valorar positivamente a saúde, o alumnado de 4ºESO, participou ao longo deste mes de febreiro nun obradoiro organizado polo Departamento de Orientación do noso centro e impartido por persoal de Cruz Vermella.

A AUGATECA CELEBRA SAN VALENTÍN

Seguindo unha iniciativa da Augateca, alumnos e alumnas do noso centro, deixaron a súa pegada de amor recordando citas de grandes autores.
Preme na imaxe para acceder á galería.

ENTROIDO 2016

Comeza o Entroido e hoxe no IES Pedra da Auga quixemos dar a benvida a esta festa popular tan arraigada en Galicia.

Os alumnos e alumnas de 1ºESO, coa axuda da profesora Liliana Carro, realizaron un traballo exposto no recibidor do centro, no que amosan como se celebran estas datas nos distintos puntos da xeografía galega.   

Despois do recreo celebramos o tradicional “Festival do Entroido”, este ano dedicado á historia. Durante a festa, gozamos  das distintas coreografías e da creatividade dos grupos participantes.

Preme nas imaxes para acceder ás galerías.

DOUS EQUIPOS DE BACHARELATO NA SEGUNDA FASE DO CONCURSO “GENERACIÓN €URO”

Dous equipos, cada un formado por cinco alumnos e alumnas de Bacharelato do noso centro, coordinados pola profesora Milagros Malvido, superaron a primeira fase do concurso “Generación €uro”.

Cada equipo recibiu un diploma que acredita que foron seleccionados entre os vinte mellores, feito que posibilitou o acceso a segunda fase do concurso.

BOAS FESTAS

Chegamos ao final do primeiro trimestre, e para celebrar o inicio das festas, alumnos e alumnas de

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS DO IES PEDRA DA AUGA: BALONCESTO

Como en cursos anteriores, o Departamento de Educación Física organizou durante este primeiro trimestre o torneo de baloncesto.

Preme na imaxe para acceder á galería.

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Con motivo da conmemoración do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", desde a Augateca amósanos unha ampla exposición de bos libros e películas relacionados con esta temática. Todos eles forman parte dos fondos da biblioteca e están a disposición de toda a comunidade educativa do centro.

Preme na imaxe para acceder á galería.

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O SIDA

Con motivo do Día Mundial da loita contra o SIDA, o alumnado de 3ºESO e de FP Básica participou esta mañá nun obradoiro sobre sensibilización do VIH, impartido pola psicóloga Isabel Romero da Concellería de Servizos Sociais  do Concello de Ponteareas.

Distribuir contido