Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

DÍA DA PAZ 2018

O pasado día 30de xaneiro celebramos o día da PAZ no IES Pedra da Auga.

Decoramos as nosas escaleiras cun poema de Gloria Fuertes, xa que este ano a Unesco adicoulle a día da Paz e esta escritora.

Tamén fixemos un símbolo da paz e unhas pombas coas fotos dos nosos alumnos.

Para rematar. o noso profesor de Galego, MATÍAS, escribeunos un poema "PAZ".

Axudaron na elaboración destes materiais o alumnado de 3º eso B, e 2º FPBásica, gracias a tod@s.

 

Día da PAZ, 30-01-2018, IES Pedra da Auga on PhotoPeach

 

Podes ver as fotos no documento adxunto

O IES PEDRA DA AUGA COA DOAZÓN DE SANGUE

 

O día 25 de xaneiro estivo no IES Pedra da Auga, unha Unidade móbil de doazón de sangue.

Agradecer a toda a xente que acudiu a donar 10 minutos do seu tempo, e a sangue que pode salvar moitas vidas.

 

unidade móbil de doazón

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DO ESCRITOR ANTÓN RIVEIRO COELLO

 

O pasado día 29 de novembro, mércores, visitounos o escritor Antón Riveiro Coello ó instituto

Pedra da Auga para darlles unha charla ao alumnado de 1º de Bacharelato sobre o libro que

tiveron como lectura obrigatoria este trimestre na materia de lingua e literatura galega:

A ferida do vento.

 

O autor, nado en Xinzo de Limia, faloulles, nunha charla moi distendida, sobre a súa infancia e

adolescencia, xa que o autor inspirouse en acontecementos autobiográficos para escribir a

novela,e tamén nas anécdotas que protagonizaban algúns personaxes posuidores de certa

MAGOSTO NO PEDRA 2017

O pasado 10 de Novembro de 2017 celebramos no IES PEDRA DA AUGA un magosto, no que ademais de disfrutar dunhas riquísimas castañas, puidemos xogar e divertirnos.

Fixemos un campeonato no que resultaron gañadores dunha cea un grupo de ciclo medio e superior de administrativo, e como segundos clasificados o grupo de 3º de PMAR, que recibiron uns vales para a cafetería do centro.

Agradecer a todos os grupos que participaron, e a todo o alumnado que axudou na organización, sin vos non sería posible.

MAGOSTO NO PEDRA 2017 on PhotoPeach

ENCONTRO CON ÁLVARO PINO

Preme na imaxe para acceder á galería.

No Pedra da Auga recibimos a visita de Álvaro Pino, deportista de élite, gañador da Volta Ciclista a España no ano 1986. O alumnado do centro coñeceu un pouco máis da figura deste gran ciclista e do seu deporte nun encontro ao que se sumaron Xosé Represas, Alcalde de Ponteareas e Cristina Fernández, Concelleira de educación, e que foi organizado polo profesor Matías da Torre.

Para conmemorar o 30 aniversario dese triunfo, fixemos a descuberta do mural que quedará exposto de forma permanente no patio interior do centro. Obra elaborada polo alumnado de 1º de Bacharelato de debuxo artístico cun deseño das alumnas: Uxía Loureiro Caamaño e Aroa Carballido Nogueira e a coordinación do Departamento de Plástica.

Preme aquí para acceder á noticia no Faro de Vigo.

"COMER SAUDABLE É DIVERTIDO" POLO ALUMNADO DE 4ºPDC

Os alumnos e alumnas de 4º PDC, coordinados pola profesora de ámbito científico, Carmen Sánchez, elaboraron vídeos relacionados cos hábitos de comida saudable, actividade enmarcada no programa Xermolón.

Preme nas imaxes para acceder aos vídeos.

 

    

ENTREGA DE PREMIOS NO CEIP A NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Carmen Sánchez, xefa do Departamento de Matemáticas  e Marta Torreiro, orientadora do Pedra da Auga, visitaron o CEIP "A Nosa Señora dos Remedios" para facer entrega dos premios ao alumnado participante no "V Concurso de Fotografía Matemática".

Parabéns a todos os participantes.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

VISITA DO ALUMNADO DO CEIP NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas visitou hoxe o noso centro. Pasámolo moi ben ensinándolles as instalacións do Pedra da Auga, divertíndonos coas matemáticas,  participando en distintos xogos populares...


DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Preme na imaxe para acceder á galería.

No mes de febreiro o alumnado de 4º ESO coa coordinación da profesora Encarna Moledo, plantou sementes de dúas especies autóctonas: castiñeiros e carballos.
Con motivo da conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente , hoxe, alumnos e alumnas de 2º ESO transplantaron esas sementes xa convertidas en pequenas plantas que levaron para as súas casas como recordo deste data.
Posteriormente  e coa axuda da profesora plantaron no xardín do centro dous pequenos castiñeiros.

Distribuir contido