Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

TRIÁNGULO DE SIERPINSKI

 

Preme na imaxe para acceder ao vídeo.

No curso 2015-2016 o Departamento de Matemáticas propúxose un reto. Parecía doado: conseguir 1092 latas de refresco para montar o famoso Triángulo Fractal de Sierpinski, e relacionalo co contido didáctico das matemáticasde de 1º ESO e 4º ESO (Sucesións, xeometría plana, figuras semellantes e potencias).

Os profes de matemáticas xunto co seu alumnado de ESO e FP Básica puxéronse mans á obra...

Preme na imaxe para acceder á galería.

Despois de moitos meses de traballo este é o espectacular resultado.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Podes ver o proceso seguido na elaboración do triángulo consultando o arquivo adxunto.

COMPETICIÓNS DEPORTIVAS DO IES PEDRA DA AUGA: FÚTBOL SALA

Preme na imaxe para acceder á galería.

Acabaron as competicións deportivas do centro para o curso 2015-2016, este último trimestre dedicadas a fútbol sala.

Os resultados finais foron:

GRUPO A
       
                        Posto 1: NIGGAS FAUS
                        Posto 2: SUPER-BABYS

GRUPO B

                       Posto 1: SWAG 69
                       Posto 2: SWAG 3.0

GRUPO C
   
                       Posto 1: RITA FLOW
                       Posto 2: 2BACH

Parabéns a todos!

A CANCIÓN DA DIETA SAUDABLE

Preme na imaxe para acceder ao vídeo.

No marco do Programa Xermolón, desenvolvido no noso centro co obxectivo de promocionar a alimentación saudable a través da adquisición de pautas de consumo responsable, alumnas de 2ºESO B coa axuda da profesora Rosa Casero, elaboraron este vídeo que fomenta a vida saudable.

 

 

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

Co obxectivo de coñecer os protocolos de actuación en caso de presenciar un accidente, o alumnado de ciclos formativos de Administración, Automoción e Electricidade, participou nun Obradoiro de Primeiros Auxilios impartido por persoal da Cruz Vermella e organizado polo Departamento de FOL.

CHARLA "OFERTA FORMATIVA DE CICLOS NO IESPEDRA DA AUGA"

Os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º de Bacharelato participaron nunha charla impartida polo alumnado do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, coordinada pola profesora Marisa Gómez, na que coñeceron de primeira mán os aspectos mais relevantes dos ciclos ofertados no noso centro.

VIDEOPOEMAS DE MANUEL MARÍA

 

 

 Preme nas imaxes para acceder aos videopoemas.

Os alumnos e alumnas de 4ºESO B coordinados polo profesor Matías da Torre, fixeron o seu particular homenaxe a Manuel María na semana das letras galegas a través da elaboración de distintos videopoemas.

CEA FIN DE CURSO 2º DE BACHARELATO

Parabéns a todos!

Preme na imaxe para acceder ao resto das fotos.

A MENINA FLOR DA AUGA

O Pedra da Auga sumouse á iniciativa proposta desde o Concello de Ponteareas, tomando como referencia a historia da ponteareana Agustina Sarmiento, unha das damas do famoso cadro de Velázquez, tratábase de realizar un deseño orixinal co que adornar a silueta dunha menina.

A profesora Gloria Iglesias e o seus alumnos e alumnas de 3º ESO, 4º ESO e 1º BACHARELATO puxéronse a traballar cun deseño da alumna Uxía Loureiro Caamaño, cun resultado sensacional.

As meninas aportadas polos distintos centros docentes de Ponteareas expóñense estes días en locais comerciais da vila.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Desde o Departamento de Lingua e Literatura Galega  organizáronse distintas actividades coas que celebrar o Día das Letras Galegas e homenaxear ao escritor lucense  Manuel María.

No recibidor do centro e coa axuda na elaboración da actividade da profesora Liliana Carro, alumnos e alumnas de 1º ESO, expoñen os seus traballos baixo o título “Banda deseñada e Manuel María” nos que amosan as súas interpretacións de distintos  poemas do autor.

Preme na imaxe para acceder á galería.


Durante o recreo, tres poemas foron protagonistas: O cuco, o caracol e o burro. Alumnos e profesores, coa coordinación do profesor Matías da Torre, cantamos ao ritmo da música de Suso Vaamonde.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

No corredor do primeiro andar o alumnado de 2º ESO expón  nestes días unha mostra dedicada á biografía e obra de distintos escritores galegos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

MANUEL MARÍA

Preme na imaxe para acceder á galería.

Para homenaxear a figura do escritor Manuel María, a profesora Luisa Bel xefa do Departamento de Normalización Lingüística  coa axuda da profesora María Villarino, coordinou a elaboración dunha  composición fotográfica co retrato do poeta, iniciativa na que  participou toda a comunidade educativa do centro e que quedará exposta de forma permanente no salón de actos do Pedra da Auga.

Distribuir contido