Saltar navegación.
Inicio

Electricidade

Departamento do ciclo de Electricidade

ELENCO PROFESORADO ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA (Curso 2023-24)

  • Heriberto Díaz Diz (Titor 2º FPB e XD).

                Titoría P/A: Martes de 10:25 a 11:15.

  • Rocío Martínez Martínez.

                Titoría P/A: Mércores de 10:25 a 11:15.  

EXAMES PARA ALUMNADO CON PERDA DO DEREITO DE AVALIACIÓN CONTINUA DE 2º CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS. CURSO 2023-24.

•(MP0238) Instalacións domóticas.

 

Mércores 13 de Marzo Proba teórica.As 12:00h na aula B-04.

Luns 18 de Marzo Proba práctica.As 12:00h na aula B-04.

Mércores 20 de Marzo Proba práctica.As 12:00h na aula B-04.

 

•(MP0237) Infraestruturas comúns de telecomunicación en vivendas e edificios.

 

Martes 12 de Marzo Proba teórica.As 11:45h  na aula B-04.

Martes 19 de Marzo Proba práctica.As  8:45h  na aula A-03.

 

Por motivos de seguridade o alumnado que non supere a proba teórica non accederá ao exame práctico. Suporá automaticamente a non superación do módulo.

 

Os únicos instrumentos necesarios e obrigatorios para a realización das probas son:

1- Acreditarse mediante DNI, se fose necesario.

INFORMACIÓN PROXECTO DE INNOVACIÓN 2020 INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA

O departamento de electricidade mostra o link para acceder a toda a información do proxecto de innovación 2020 da Instalación fotovoltaica para autoconsumo sen excedentes dunha vivenda monitorizada vía web.

Electricidade, fai click na imaxe

Álbum: 2019_2020 -> Electricidad 2020

PRESENTACIÓN CICLO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS

Presentación do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas:

 

Video presentación ciclo.

Canle Youtube.

Álbum: 2018_2019 -> Presentación_Ciclo_Electricidad

PROXECTO INNOVACIÓN 2018 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA CONTROLADA VIA WEB

O departamento de electricidade quere informar a toda a comunidade educativa do IES PEDRA DA AUGA que lle foi concedido por segundo ano consecutivo un novo proxecto de innovación que consiste nunha instalación fotovoltaica controlada con arduino e monitorizada via web. Contamos coa colaboración do departamento de automoción para a realización das estructuras metálicas dos paneis fotovoltaicos e coa empresa Enrede Cloud Solutions, S.L.

Comezamos xa a executar a instalación exterior dos focos led, sensores de movemento, sensor crepuscular e estructura metálica dos paneis deixando xa instaladas as correspondentes liñas.

Dito traballo foi realizado polos alumnos de 1º curso da FP Básica de electricidade e por alumnos de automoción na colocación da estructura dos paneis.

O traballo de automatización da instalación será realizado polos alumnos de  2º do ciclo de electricidade no curso 2018-19

 

 

FP INNOVA 2018

O 25, 26 e 27 de abril celebrouse en Santiago de Compostela na Cidade da Cultura o Congreso de Innovación da Formación Profesional, FP INNOVA 2018, onde estivo presente o Departamento de Electricidade do IES Pedra da Auga co proxecto de innovación dunha vivenda domótica impresa en 3D, automatizada con arduinos e controlando o alumeado e calefacción dende móvil ou tablet.

PROXECTO INNOVACIÓN 2017 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: VIVENDA AUTOMATIZADA CON ARDUINO E IMPRESA EN 3D

Os alumnos de 2º curso do ciclo medio de electricidade e a coordinadora do proxecto Rocío Martínez, remataron a montaxe da maqueta dunha vivenda realizada cunha impresora 3D e automatizada con diferentes arduinos.

1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS DE PONTEAREAS (5 e 6 de febreiro de 2018)

O noso centro participou na 1ª Feira das ensinanzas profesionais e artísticas que se celebraron en Ponteareas o 5 e 6 de febreiro de 2018.

Estivemos presentes cun stand onde os alumnos de 2º curso do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas mostraban diferentes prácticas como eran:

  • Bobinado de motores
  • Programación de autómatas e módulos lóxicos
  • Variador de velocidade dun motor
  • Fusionadora de fibra óptica

 

 

 

                           

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido