try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
I.E.S. Pedra da Auga
Instituto de educación secundaria

PROXECTO INNOVACIÓN 2018 DEPARTAMENTO ELECTRICIDADE: INSTALACIÓN FOTOVOLTAICA CONTROLADA VIA WEB

O departamento de electricidade quere informar a toda a comunidade educativa do IES PEDRA DA AUGA que lle foi concedido por segundo ano consecutivo un novo proxecto de innovación que consiste nunha instalación fotovoltaica controlada con arduino e monitorizada via web. Contamos coa colaboración do departamento de automoción para a realización das estructuras metálicas dos paneis fotovoltaicos e coa empresa Enrede Cloud Solutions, S.L.

Comezamos xa a executar a instalación exterior dos focos led, sensores de movemento, sensor crepuscular e estructura metálica dos paneis deixando xa instaladas as correspondentes liñas.

Dito traballo foi realizado polos alumnos de 1º curso da FP Básica de electricidade e por alumnos de automoción na colocación da estructura dos paneis.

O traballo de automatización da instalación será realizado polos alumnos de  2º do ciclo de electricidade no curso 2018-19