Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

Repercusión do traballo "Donas de si"

A directora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán agradeceu o traballo do noso centro e comunicounos a súa intención de empregar o material elaborado sobre a novela "Los pazos" nas visitas didácticas do museo.

"Chegou ás nosas mans o traballo que fixéchedes coa novela "Los pazos". Parécenos moi bo! Gústanos a falta de empatía, só estractando o texto. Fontes directas que se di. As preguntas xenéranse ao buscar e atopar. Seguro que deu para moi boas conversas.

Poderemos utilizalo na Casa? E poderías transmitir os nosos parabéns a alumnas e alumnos?

Un saúdo moi cordial.

Xulia Santiso. Directora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán."

O traballo foi realizado por alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato, coordinados polo profesorado do Proxecta Donas de si (Javier Costas, Xabier Prado, Xabier Romero, Encarnación Moledo, Elvira Parente, Gloria Iglesias e Dolores Pardo).

Podes acceder ó recurso completo premendo na imaxe:

 

Contamos libros ós peques

 

O alumnado de 1º ESO A estivo de visita no colexio no que fixeron a Educación Primaria para representar un conto ós nen@s de Infantil.

Para saber máis, visita ós nosos blogs:

-Blog da Augateca

-Blog dos Proxecta

Descenso en Kayak polo río Miño

Bota unha ollada ó ben que o pasamos!

Entroido 2014

As COMPARSAS que resultaron gañadoras foron:

1º PREMIO: "O novo Oeste" (1º ESO B) e "Teen Beach Movie, o musical" (2º ESO A)

2º PREMIO: "Grease e a música moderna, o antes e o despois" (3º ESO B)

3º PREMIO: "Lady Gaga" (1º Bacharelato A e B)

En canto as PIÑATAS, as máis valoradas foron:

GRUPAIS: 1º PREMIO: Abella (4º ESO) e Angry Bird (1º BACH. A)

              2º PREMIO: Xoaniña (4º ESO A)

INDIVIDUAIS: 1º PREMIO:Redonda coa lenda "Entroido 2014" (1º ESO A)

              2º PREMIO: Papel charol granate (1º ESO A) e Cara amarela con cresta azul (1º ESO A)

NORABOA a tod@s e GRAZAS por participar!

Preme na imaxe para ver todas as fotos do entroido 2014!

Visita María Menéndez

Preme no cartel para ver fotos do encontro:

Concurso de tuits amorosos (Día do Amor e da Amizade)

O tweet gañador foi o de Marta Berciano, de 2º Bacharelato. Noraboa!

Distribuir contido