Saltar navegación.
Inicio

Complementarias

Visita do alumnado do colexio adscrito

Como todos os anos, o alumnado de 6º de primaria visitou o noso centro. Agardamos que marcharan contentos!

Preme na imaxe para ver as fotos da visita:

IV Concurso de Fotografía Matemática

O pasado día 12 de maio celebramos o Día Escolar das Matemáticas ca entrega de premios  do Concurso de Fotografía que, dende fai catro anos,

organiza o Departamento de Matemáticas do noso Centro.

Como todas as convocatorias estivo reñidísimo e o xurado o tivo moi difícil para decantarse polas mellores fotos.

PARABÉNS AOS GAÑADORES/AS!!!

1º PREMIO: Samuel Fernández, 1º Bach, "lineas de nacimiento", esas enrrugas que se manteñen ata o remate dos días como os números na    humanidade.

2º PREMIO: Celeste Lorenzo, 1º ESO, "Sucesión de  Pétalos de flores Fibonacci"   

3º PREMIO: Aroha Paños Boente, 2ºBach." Reflejos", unha parte do Atomium de Bruselas, Bélxica.   Premio categoría profesorado: Isabel Ávila Terzi, Departamento de latín, "Arte Exacto en la catedral de Palencia"

NO ENLACE PODES VER AS FOTOS GAÑADORAS E AS DO EVENTO:

http://photopeach.com/album/xciax0

Entroido 2015

Preme na foto para acceder ó ALBUM COMPLETO.

Adicamos o Entroido ós países do mundo...

...E só podemos adiantar que haberá representación de países tan diversos como Italia, Francia, Brasil ou mesmo Trinidad e Tobago!

Concerto de Nadal

Premendo na imaxe podes ver quenes foron os músicos da nosa banda:

Dando a cara pola igualdade de xénero

GRACIAS a tod@s os que DESTES A CARA e, en especial, a Samuel, a Naila (botámoste de menos!), a Lara e o grupo de 3º PDC (tamén coñecido como Sobrevivirei!). 

Podedes comprobar o guapos que saístes en:

Dou a cara  ou

https://twitter.com/augaorienta

Acto polo 25N no Concello de Ponteareas

Aitor e Paula fixeron de embaixadores do Pedra da Auga nun acto pola igualdade de xénero que tivo lugar no Concello de Ponteareas.

Aínda que non puidemos grabar o ben que leron o manifesto, temos fotos que inmortalizaron o momento! Preme na imaxe para velas.

Semana contra a violencia de xénero

O Pedra da Auga está a preparar unha chea de actividades en torno á conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero.

Estade atentos!

O Pedra da Auga coa Ciencia

O alumnado de Física e Química participou esta semana en varios encontros científicos: 

-Nas actividades divulgativas organizadas pola ETSI de Minas, da Universidade de Vigo, na SEMANA DA CIENCIA.

-No XXVII Congreso de Ensinantes das Ciencias de Galicia, ENCIGA , celebrado este ano no IES As Barxas de Moaña.

   

Ademais, o profesor de Física e Química do noso centro, Xabier Prado Orbán, participou nas xornadas da SEMANA DA CIENCIA EN GALEGO, no IES Ribeira do Louro, cunha conferencia con soporte visual sobre a Teoría da Relatividade, orientada ao alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato.

  

 Agardamos que entre este alumnado teñamos @s grandes INVESTIGADOR@S e CIENTÍFIC@S do futuro!

Polo de pronto, animáronse a facer a coordenación dunha conferencia online internacional en inglés con estes contidos, para o Ano Internacional da Luz 2015:

https://sites.google.com/site/newlightoldideas/

    enlace para observar            

Distribuir contido