Saltar navegación.
Inicio

ENCONTRO CON FRANCISCO CASTRO

Hoxe no IES Pedra dá Auga tivemos a visita do escritor Francisco Castro. Os nosos alumnos e alumnas de 3ºESO gozaron dun animado encontro literario co autor vigués, actividade conducida polo profesor Matías Rodríguez e organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.
Preme na imaxe para acceder á galería.



O encontro xirou arredor do seu libro "O corazón da branca de neve", Premio de Novela por Entregas 2013 da Voz de Galicia.
O autor de obras como: "O ceo dos afogados", "As palabras dá néboa" e "Chamádeme Simbad", achegounos a través dunha charla-coloquio ao proceso creativo que hai detrás dunha novela, e invitounos á reflexión utilizando as pescudas que o inspector Hermida fai no seu libro, na análise do mundo das mafias,  a trata de humanos e o roubo de nenos.
A reunión terminou coa tradicional firma de exemplares no salón de actos e na Augateca.
Desde o centro queremos dar as grazas a Francisco Castro por compartir esta xornada connosco.