Saltar navegación.
Inicio

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2024

REQUISITOS

a) Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2023-2024 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75 .

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes será do 29 de abril ó 28 de maio de 2024.

PROCEDEMENTO PARA A SOLICITUDE:

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.
  • Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  • Ver máis instrucións na convocatoria.

ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS:

As persoas aspirantes con necesidades educativas especiais deberán facer constar a dita circunstancia na solicitude para que se poidan valorar as medidas de adaptación que se consideren necesarias e deberán achegar a documentación que acredite tal condición.

REALIZACIÓN DA PROBA PARA A OBTENCIÓN DO PREMIO:

O alumnado deberá realizar unha proba presencial que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes.

A PROBA ESTRUTÚRASE EN DÚAS PARTES:

1. Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:

1.1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.

1.2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na Primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais do bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.

2. Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:
Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado para elixir entre as seguintes:

  • Ciencias Xerais
  • Matemáticas II
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Latín II
  • Debuxo Artístico II
  • Análise Musical II
  • Artes Escénicas II

DATA DA PROBA

  • A realización da proba terá lugar o día 19 de xuño de 2024 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
  • En dita resolución fixaranse, asemade, os lugares e o horario de realización da proba, que serán na provincia onde se atope o expediente do alumno/a.

NÚMERO E CARACTERÍSTICAS DOS PREMIOS

  1. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
  2. Cada premio estará dotado con 1.000 €.
  3. Estes premios extraordinarios de bacharelato son compatibles con calquera outro premio, incluídos os premios nacionais de bacharelato.
  4. O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo. A distinción de obter premio extraordinario farase constar nas certificacións académicas que se emitan.
  5. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
  6. O alumnado que obteña o premio extraordinario de bacharelato poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

PROBAS REALIZADAS EN CURSOS ANTERIORES


Pinchando aquí podedes ver as probas doutros anos.