Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A CICLOS 2016

  GRAO SUPERIOR GRAO MEDIO
Inscripción á proba 15 – 26 febreiro  4 - 15 abril 
Celebración da proba 20 abril  25 maio 

NOVIDADE: Acceso directo de Ciclo Medio a Ciclo Superior. 

Máis información:

Grao medio

Grao superior

ENTROIDO 2016

Comeza o Entroido e hoxe no IES Pedra da Auga quixemos dar a benvida a esta festa popular tan arraigada en Galicia.

Os alumnos e alumnas de 1ºESO, coa axuda da profesora Liliana Carro, realizaron un traballo exposto no recibidor do centro, no que amosan como se celebran estas datas nos distintos puntos da xeografía galega.   

Despois do recreo celebramos o tradicional “Festival do Entroido”, este ano dedicado á historia. Durante a festa, gozamos  das distintas coreografías e da creatividade dos grupos participantes.

Preme nas imaxes para acceder ás galerías.

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Preme na imaxe para acceder á galería.

Para conmemorar o “Día escolar da non Violencia e da Paz”e seguindo a liña indicada pola rede PEA UNESCO da que o noso centro forma parte, este curso dedicamos esta data, o 30 de xaneiro, a recordar a figura das “Patronas” e a realidade da inmigración.

No IES Pedra da Auga

Probas libres BACHARELATO

Requisitos:
1.Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2016.
2. Non ter o título de bacharel ou equivalente.
3. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades no curso escolar 2015/16.
Prazo de matrícula:
– Convocatoria de maio: do 18 de febreiro ao 3 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
Inscripción:
IES San Clemente de Santiago de Compostela
Data das probas:
22 de abril de 2016:

MÁIS INFO e FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/portal/node/18068

Probas libres ESO

Requisitos:
1. Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título da ESO.
3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2015/16 nas ensinanzas de ESO nin nas de FP Básica.
4. De estar matriculado en ESO para adultos, presentar renuncia.
Prazo de matrícula:
– Convocatoria de maio: do 7 de marzo ao 18 de marzo de 2016, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: do 1 de xullo ao 8 de xullo de 2016, ambos os dous incluídos.
Inscripción en Ponteareas:
IES Val do Tea.
Datas de realización das probas:
27 de MAIO e 8 de SETEMBRO
Realizaranse nunha xornada de mañá e tarde e constará de:
-Ámbito científico-tecnolóxico
-Ámbito social.
-Ámbito de comunicación.
MÁIS INFO e FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesvaldotea/
http://www.edu.xunta.es/portal/node/18066

DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS

Con motivo da conmemoración do "Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos", desde a Augateca amósanos unha ampla exposición de bos libros e películas relacionados con esta temática. Todos eles forman parte dos fondos da biblioteca e están a disposición de toda a comunidade educativa do centro.

Preme na imaxe para acceder á galería.

DÍA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O SIDA

Con motivo do Día Mundial da loita contra o SIDA, o alumnado de 3ºESO e de FP Básica participou esta mañá nun obradoiro sobre sensibilización do VIH, impartido pola psicóloga Isabel Romero da Concellería de Servizos Sociais  do Concello de Ponteareas.

COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS

Hoxe, 27 de novembro, iniciouse a recollida para o Banco de Alimentos de Vigo. Desde o Departamento de Orientación, ofreceuse aos alumnos e alumnas de FP Básica e Ciclos formativos de administración, a posibilidade de participar nesta iniciativa.

Preme na imaxe para acceder á galería.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo desta semana realizamos distintas actividades para conmemorar o 25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero.
A prevención é unha das claves para acabar con esta lacra social, así este curso continuamos traballando pola eliminación da violencia contra a muller a través da sensibilización do alumnado contra o maltrato e as distintas formas de violencia machista.

 Preme na imaxe para acceder á galería.

OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS

Os días 18 e 26 de novembro, os alumnos e alumnas de 1ºESO participaron nun obradoiro de habilidades sociais co obxectivo de adquirir, nun ambiente relaxado e distendido, competencias e actitudes  que permitan mellorar a súas relación cos demais así como valorar os comportamentos asertivos como correctos nas relacións.

Distribuir contido