Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Becas High School

O día 20 de novembro termina o prazo para solicitar as becas high school, para pasar un curso académico en Estados Unidos.
Se estudas 4º da ESO e tiveches, en 3º da ESO, unha nota media mínima de 7,5 e unha nota mínima de 7 en inglés, podes facer a solicitude.
Un compañeiro do teu centro atópase, actualmente, disfrutando da experiencia durante este curso escolar.
Máis información sobre as bases:
http://www.becashighschool.org/?q=convocatoria2012

Nightmare at school

Todos/as temos tido pesadelos acerca do instituto e das clases (incluso os profes aínda que algúns xa non se lembren...). Esta curta reflicte moi ben como podemos chegar a sentirnos... http://orientador123.blogspot.com/2011/10/quien-no-se-ha-sentido-preocupado-ante.html


Novo grupo de FACEBOOK Orientación Pedra da Auga

Se queres estar ó día da información que che interesa (estudos, ocio, bolsas...), únete a Orientación Educativa Galicia e, se queres coñecer as cousas que máis afectan ó noso instituto, faite do grupo Orientación Pedra da Auga!


        

Formación práctica no estranxeiro para titulados de Formación Profesional

Se cumpres os seguintes requisitos:
-Es galego ou galega residente en Galicia.
-Tes entre 18 e 30 anos.
-Tes unha titulación de FP ou universitaria.
-Non tes disfrutado ningunha outra bolsa Leonardo.
Podes solicitar unha estadía de formación práctica, do programa Leonardo da Vinci, en Irlanda, República Checa, Holanda, Francia ou Italia.
Para ter máis información:
Ser galegos ou galegas residentes en Galicia.
http://xuventude.xunta.es/201110034789/4o-convocatoria-bolsas-leonardo-da-vinci-proxecto-mogal.html

Listaxes de cualificacións provisionais das probas de acceso a ciclos de grao medio

Podes consultar as notas no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gm_listaxe_provisional_cualificacions.pdf
Se non estás de acordo e queres reclamar, podes facelo no centro de inscrición, os días 17, 20 e 21 de xuño, co seguinte modelo de reclamación:
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/Reclamacion_cualificacions_GM.doc

Curso de iniciación a capoeira

 Terá lugar os días 5, 6 e 7 de xullo de 11:00 a 13:00 horas, no IES Val do Tea e está organizado polo Concello de Ponteareas.
Está aberto a todos aqueles que desexen apuntarse. Se queres inscribirte, pide información no departamento de orientación.

Distribuir contido