Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Bolsas para cursos de lingua inglesa (Bacharelato e Ciclos formativos)

O Ministerio de Educación convoca axudas para a estancia e realización dun curso para perfeccionar a lingua inglesa de, polo menos, 3 semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de novembro do ano 2011, en países cuxa lingua oficial sexa o inglés.
Poderán optar a estas axudas os mozos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de decembro de 1993 que teñan a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e, tamén, aqueles nacidos entre 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1994, cando sexan bolseiros do Ministerio de Educación do Bacharelato, ensinanzas profesionais de música e danza, Ciclos Formativos de grao Medio, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e de idiomas no curso 2010/2011.

101 razóns para ser un/unha bo/boa estudante

Buscar a motivación para estudar é o primeiro paso:


Quizáis che interese tamén coñecer a historia de personaxes famosos que superaron as súas dificultades cos estudos:

Guía de recursos para a emancipación da mocidade galega


A Xunta de Galicia, en colaboración co INJUVE, elaborou esta completa guía que aborda os 3 temas que determinan a emancipación da xuventude: FORMACIÓN, EMPREGO e ACCESO Á VIVENDA.

Probas de admisión ós estudos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte


Para acceder ós estudos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte, cumpre superar unhas probas fisicas.

A Facultade de Ciencias do Deporte de a Educación Física, da Universidade da Coruña, publicou as datas de realización destas probas, para o ingreso no curso 2011/2012.

1º data: 9 de abril de 2011

2ª data: 16 e 17 de xuño de 2011

3ª data: 6 de setembro de 2011 (se quedasen prazas sen cubrir)

Para participar nas probas hai que presentar unha solicitude, que ha de ir acompañada dun informe médico, unha copia do DNI e 2 fotografías tamaño carnet. Tamén se ten que aboar unha taxa correspondentes ós dereitos de exame. 

A información acerca da proba, atoparala en:

Listaxe provisional de solicitudes para a proba de acceso a ciclos de grao superior

As persoas interesadas poderán presentar reclamación contra esta listaxe no centro de inscrición os días 10, 11, 14 e 15 de febreiro de 2011.

Foro de consultas

Tras superar pequenos problemas de publicación das respostas, o foro de orientación xa funciona correctamente.

Non te quedes con dúbidas!

Calendario proba de acceso á universidade 2011


Convocatoria de xuño: días 8, 9 e 10.

Convocatoria de setembro: días 14, 15 e 16

HORARIO DA PROBA:
1º Dia
MAÑÁ:

 9:00 Presentación
10:00  Lingua Castelá e Literatura
11:30 Descanso

12:15  Historia de España /04 Historia da Filosofía
13:45 Fin de sesión

TARDE:
16:00 Lingua Galega e Literatura
17:30 Descanso
18:15 Lingua Estranxeira
19:45 Fin de sesión

2º Dia
MAÑÁ:

9:00   Matemáticas II/ GregoII/Técnicas Exp.Gráfico-Plástica
10:30 Descanso

11:15  Ciencias da Terra e Ambientais/Literatura Universal/ Deseño
12:45 Descanso
13:30 Química/ Latín/ Debuxo Artístico II
15:00 Fin de sesión

WebQuests de Orientación académica e profesional

As WebQuests axúdanche na busca de información en Internet. A orientadora Inmaculada Ruz, do IES Huerta Alta, elaborou WebQuest moi interesantes para escoller itinerarios, ciclos ou estudos universitarios.

Orientación académica


Descargándote este programa interactivo no ordenador tes información acerca de:
-Títulos universitarios, universidades onde se imparten, notas de corte da selectividade, requisitos de acceso...

-Títulos de formación profesional, de ensinanzas artítisticas e deportivas, condicións de acceso, lugares onde se imparten...

-Itinerarios formativos.

-Cuestionarios para saber cara onde dirixir os teus pasos segundo estes en ESO ou en Bacharelato.

É moi sinxelo de manexar. Bótalle unha ollada!

Acceso á Universidade cun título de Técnico Superior


As persoas que dispoñan dun título de técnico superior de formación profesional, de artes plásticas y deseño, ou de ensinanzas deportivas, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de Grao. A súa nota de admisión será a nota media do seu ciclo formativo.

Porén, as persoas que desexen mellorar a súa nota de admisión deberán presentarse a unha parte da selectividade, á FASE ESPECÍFICA, na cal se poderán examinar de ata 4 materias da modalidade adscrita á rama de coñecemento do grao ó que se quere optar.

Se queres coñecer máis detalles sobre o acceso á Universidade desde os ciclos formativos de grao superior, consulta o enlace:

Distribuir contido