Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Orde pola que se regulan as PAU e o proceso de admisión ás universidades de Galicia

A novidade máis destacable é que o alumnado procedente de Formación Profesional, deberá presentarse á fase específica da Selectividade para competir, en igualdade de condicións, nas carreiras máis demandadas. Este alumnado poderá continuar accedendo á Universidade de forma directa coa nota media do seu ciclo formativo de grao superior, tendo como tope unha nota media de 10 puntos. Máis detalles sobre o  proceso en:
http://www.edu.xunta.es/web/node/2232

Como atopar a nosa vocación

Este artigo publicado en la revista EL PAÍS SEMANAL o día 13 de febreiro aporta algunhas pistas sobre como distinguir cal é a nosa vocación.


Vocación

Guía do sistema universitario de Galicia

Neste manual podes resolver todas as túas dúbidas con respecto ós estudos universitarios e ás súas saídas profesionais, ás probas de acceso á Universidade, ó proceso de admisión e matrícula e incluso ás bolsas, axudas e  premios.
Consúltao no seguinte enlace:


Guia SUG

Fábulas para o crecemento persoal

As fábulas son relatos curtos e ficticios que tratan de transmitir algunha ensinanza. Os seus protagonistas adoitan ser animais ou personaxes de conto.
A pesar de ser moi sinxelos, son moi útiles para reflexionar e sacar conclusións para o crecemento persoal.

Probas de acceso a ciclos formativos

Publicadas as seguintes listaxes:
-Definitiva de exencións da parte específica para as probas de acceso a ciclos de grao superior.
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gs_listaxe_definitiva_exencions.pdf
-Provisional de solicitantes admitidos e excluídos para as probas de acceso a ciclos de grao medio.
http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas11/listaxes/gm_listaxe_provisional_admitidos.pdf

Axudas para actividades en linguas estranxeiras (ESO e BACHARELATO)

A Consellería de Educación convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2011.
Os cursos máis baixos recibirán a formación en Galicia mentres que os máis altos asistirán a un curso en Reino Unido, Francia ou Canadá.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o 12 de marzo ó 12 de abril.
Se estás interasado/a consulta os requisitos no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/axudasle/

Último día para inscribirse nas probas de acceso a CM

O día 11 de marzo finaliza o prazo para inscribirse nas probas de acceso a ciclos de grao medio.

Modificación da data das probas de acceso a CS e lugares de realización das probas

A data de celebración das probas pasa a ser o venres 1 de abril de 2011.
As probas terán lugar no IES Pedra da Auga para os/as alumnos/as dos centros:
-IES de A Cañiza
-IES Pazo da Mercé
-IES Salvaterra de Miño
-CIFP A Granxa
-IES Pedra da Auga.

Vídeos sobre estudos de Formación Profesional

Nas seguintes ligazóns podes atopar vídeos sobre diferentes ciclos formativos de varias familias profesionais. Neles podes coñecer o que opinan alumn@s e profesor@s destes ciclos e coñecer as posibles saídas profesionais.

Distribuir contido