Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

Probas libres para a obtención do título da ESO

Publicouse hoxe no DOG, a convocatoria de probas libres para obter o título da ESO.
Para poder realizar as probas, cumpre ter 18 anos o día anterior á celebración da proba e non estar matriculado en ningún centro oficial para obter o título da ESO (centros de adultos...).
Hai 2 convocatorias, unha en xuño e outra en setembro e os prazos de matrícula son, respectivamente, do 16 ó 27 de maio e do 1 ó 2 de setembro.
Os exames terán lugar nos centros de educación para adultos, os días 14 de xuño e 9 de setembro e a matrícula realízase no centro EPA onde se desexe realizar o exame (o máis cercano ó noso centro é o de Vigo, Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, Vigo, teléfono: 986225579). O impreso de matrícula é o que figura no anexo I da orde, que se atopa no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110511/AnuncioC3F1-040511-956_gl.pdf

Instruccións para o acceso á universidade

 

O proceso de admisión na Universidade comprende a inscrición nas PAU, a preinscrición na universidade (para os estudos con límite de prazas) e a matriculación nos estudos nos que se foi admitido. Isto supón unha serie de trámites a realizar no lugar axeitado e coa documentación necesaria. Para non perderse, a CIUG elaborou un documento coas instruccións necesarias que podes descargar no arquivo que se achega.
Por outra banda, publicáronse no DOG os valores de ponderación definitivos polos que se rexerá a fase específica da Selectividade. Podes botarlle unha ollada no seguinte enlace:


http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110511/AnuncioC3F1-100511-1455_gl.pdf

Probas de acceso a ciclos de grao medio

O día 3 de xuño terán lugar as probas de acceso a ciclos de grao medio. No IES Pedra da Auga examinaranse aquelas persoas inscritas nos centros:
-IES da Cañiza.
-IES Pazo da Mercé.
-IES de Salvaterra de Miño.
-CIFP A Granxa.
-IES Pedra da Auga.

Actividades de formación en linguas estranxeiras da Consellería de Educación 2011

Publicáronse as listaxes de admitidos e excluídos, así como, a listaxe de solicitudes que teñen que corrixir algún aspecto.
Listaxe de admitidos:
Listaxe das que teñen que ser modificadas para ser admitidas:
A listaxe de excluídas, así como a causa da exclusión, pode ser consultada en:
O prazo para emendar erros por falta de documentación é do 6 ó 16 de maio.

Dobre titulación en Dereito e ADE

 

Esta é a única titulación dobre ofertada en Galicia, que permite obter, ó mesmo tempo, o grao en Dereito e o grao en Administración e Dirección de Empresas. Impártese por unha universidade pública, a Universidade de A Coruña. A duración do programa é de 6 cursos, distribuíndose as materias en 11 cuatrimestres.

Para saber máis sobre esta oferta formativa, consulta o enlace:

DobreGraoEcoDerUDC

Graos pouco coñecidos

Nos seguintes enlaces podes atopar informacións sobre graos universitarios pouco coñecidos, por ser de recente implantación ou por ser moi específicos:

- Grao en conservación e restauración de bens culturais:
http://es.scribd.com/doc/52908141/Grao-conservacion-bens-culturais?secre...

- Grao en ciencias da cultura e a difusión cultural:
http://es.scribd.com/doc/52908398/Grao-en-ciencias-da-cultura-e-difusion...

- Grao en dirección e xestión pública:
http://es.scribd.com/doc/52908660/Grao-en-direccion-e-xestion-publica?se...

Aviso sobre o grao en Traducción e Interpretación da Universidade de Vigo

A Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo vén de anunciar que, desde o curso 2011/2012, se suprime a proba de acceso específica para o Grao de Traducción e Interpretación. O orde na admisión dependerá unicamente da nota obtida nas PAU.

Distribuir contido