Saltar navegación.
Inicio

Probas libres para a obtención do título da ESO

Publicouse hoxe no DOG, a convocatoria de probas libres para obter o título da ESO.
Para poder realizar as probas, cumpre ter 18 anos o día anterior á celebración da proba e non estar matriculado en ningún centro oficial para obter o título da ESO (centros de adultos...).
Hai 2 convocatorias, unha en xuño e outra en setembro e os prazos de matrícula son, respectivamente, do 16 ó 27 de maio e do 1 ó 2 de setembro.
Os exames terán lugar nos centros de educación para adultos, os días 14 de xuño e 9 de setembro e a matrícula realízase no centro EPA onde se desexe realizar o exame (o máis cercano ó noso centro é o de Vigo, Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, Vigo, teléfono: 986225579). O impreso de matrícula é o que figura no anexo I da orde, que se atopa no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110511/AnuncioC3F1-040511-956_gl.pdf