Saltar navegación.
Inicio

Bolsas para cursos de lingua inglesa (Bacharelato e Ciclos formativos)

O Ministerio de Educación convoca axudas para a estancia e realización dun curso para perfeccionar a lingua inglesa de, polo menos, 3 semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de novembro do ano 2011, en países cuxa lingua oficial sexa o inglés.
Poderán optar a estas axudas os mozos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1981 e o 31 de decembro de 1993 que teñan a condición de bolseiro do Ministerio de Educación e, tamén, aqueles nacidos entre 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 1994, cando sexan bolseiros do Ministerio de Educación do Bacharelato, ensinanzas profesionais de música e danza, Ciclos Formativos de grao Medio, Artes Plásticas e Deseño, Ensinanzas Deportivas e de idiomas no curso 2010/2011.
A contía das axudas depende do país de destino:
Australia: 2.600 euros.
Canadá: 2.100 euros.
Estados Unidos de Norteamérica: 2.100 euros.
Malta: 1.200 euros.
Nova Zelandia: 2.400 euros.
Reino Unido: 1.700 euros.
República de Irlanda: 1.700 euros.
A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por internet a través da sede electrónica do Ministerio de Educación na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a Trámites e servizos.
O prazo para a presentación de solicitudes é ata o día 30 de marzo de 2011 inclusive.
Máis inforamción no BOE do 28 de febreiro de 2011 e en www.educacion.es