Saltar navegación.
Inicio

Acceso á Universidade cun título de Técnico Superior


As persoas que dispoñan dun título de técnico superior de formación profesional, de artes plásticas y deseño, ou de ensinanzas deportivas, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de Grao. A súa nota de admisión será a nota media do seu ciclo formativo.

Porén, as persoas que desexen mellorar a súa nota de admisión deberán presentarse a unha parte da selectividade, á FASE ESPECÍFICA, na cal se poderán examinar de ata 4 materias da modalidade adscrita á rama de coñecemento do grao ó que se quere optar.

Se queres coñecer máis detalles sobre o acceso á Universidade desde os ciclos formativos de grao superior, consulta o enlace: