Saltar navegación.
Inicio

Orientación

Departamento de Orientación

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O alumnado de 1ºESO participou nun “Obradoiro sobre Dieta Mediterránea”. A actividade enmárcase no programa “Aprendemos a cociñar”  integrado na campaña Mediterraneamos organizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ambiente para o ano 2016.

Preme na imaxe para acceder á galería.


Alumnos e alumnas reflexionaron coa axuda das monitoras sobre a importancia de levar unha alimentación saudable e os elementos que compoñen a pirámide da dieta mediterránea. Despois cada un fixo a súa propia receita, para finalizar cunha sesión de zumba.

 

PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS PARA ESTUDAR NO CURSO 2016/2017

Se vas a estudar formación profesional, bacharelato, ensinanzas artísiticas ou estudos universitario en Ourense, Vigo ou Lugo, podes optar a unha praza nunha residencia xuvenil.

O prazo de presentación é de 1 MES contado a partir do día 28 de abril.

Para acceder á solicitude e ó resto de información sobre esta convocatoria, preme no link:

https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=BS&codProc=303B&procedemento=BS303B

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Para conmemorar o “Día Mundial da Saúde”   e promover hábitos de vida saudables o alumnado de 3ºESO participou esta semana nun "Obradoiro de Alimentación e Nutrición" coordinado polo Departamento de Orientación e impartido por persoal voluntario da Cruz Vermella.

NAVEGA CON RUMBO POLO CIBERESPAZO

O alumnado de 1ºESO reflexionou  sobre as posibilidades para o lecer e o aprendizaxe que internet ofrece, pero tamén sobre os riscos que  pode representar: acceso a contidos non apropiados e contacto con persoas que non son sempre o que semellan  ou din ser.

 

INSCRIPCIÓN A PROBAS DE ACCESO A CM

O prazo de solicitude estará aberto entre os días 4 e 15 abril e a proba terá lugar o día 25 de maio.

Os requisitos para inscribirse son:

-Non cumprir os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao medio e 

-Ter 17 anos ou facelos no ano natural de celebración da proba.

Podes descargar a solicitude premendo no arquivo que se achega.

A UNIVERSIDADE DE VIGO VISITA O PEDRA DA AUGA

O alumnado de 2º de Bacharelato solventou as súas dúbidas sobre o acceso aos Graos e as posibilidades que lles ofrece a Universidade de Vigo.

AXUDAS PARA CAMPAMENTOS EN INGLÉS EN GALICIA

A Consellería organiza cursos de inglés en verán para alumnos/as de ESO e Bacharelato. As familias só teñen que achegar unha parte do custe.

O prazo para solicitalos vai do 29 de marzo ata o 28 de abril.

Para máis info:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

OBRADOIROS FP BÁSICA

O alumnado de 1ºFP Básica de Electricidade e Servizos Administrativos, participou ao longo do trimestre en dous obradoiros que finalizaron hoxe: "Prevención no Consumo de Drogas" e "Habilidades Sociais" . Ambos organizados polo Departamento de Orientación e impartidos por un membro da Asociación Amaina.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS

Co obxectivo de dar a coñecer as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo das distintas drogas, e valorar positivamente a saúde, o alumnado de 4ºESO, participou ao longo deste mes de febreiro nun obradoiro organizado polo Departamento de Orientación do noso centro e impartido por persoal de Cruz Vermella.

A AUGATECA CELEBRA SAN VALENTÍN

Seguindo unha iniciativa da Augateca, alumnos e alumnas do noso centro, deixaron a súa pegada de amor recordando citas de grandes autores.
Preme na imaxe para acceder á galería.

Distribuir contido