Saltar navegación.
Inicio

COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS

Hoxe, 27 de novembro, iniciouse a recollida para o Banco de Alimentos de Vigo. Desde o Departamento de Orientación, ofreceuse aos alumnos e alumnas de FP Básica e Ciclos formativos de administración, a posibilidade de participar nesta iniciativa.

Preme na imaxe para acceder á galería.A boa predisposición do alumnado así como da profesora Mayca Rivas e a orientadora Marta Torreiro,  fixo posible a colaboración nesta iniciativa a través da “Operación Kilo” que consiste na recollida de alimentos en distintos supermercados de Ponteareas.