Saltar navegación.
Inicio

Probas de acceso ao grao de Ciencias da Actividade Física e do Deporte na Universidade de Vigo 2024/2025.

Convocáronse as probas de aptitudes específicas para o acceso ao GRAO DE CIENCIAS DA ACTIVIDADE FÍSICA E DO DEPORTE, na Universidade de Vigo, para o curso 2024-2025.

 

Datas presentación de solicitudes

Do 8 de marzo ao 2 de abril

DATAS DAS PROBAS: 

Calendario

21 de maio de 2024.
18 de xuño de 2024.
 
O obxectivo das probas é o de garantir que a persoa aspirante presente unhas condicións físicas axeitadas e seguras para o aproveitamento do Grao. Procúrase que o alumnado acredite a súa madurez en relación cos obxectivos do grao e as súas capacidades en relación co exercicio da profesión do deporte. A persoa aspirante será avaliada como APTA ou NON APTA.