Saltar navegación.
Inicio

Prazo de admisión a ciclos formativos

En breve, comezará o PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN A CICLOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.

O PRAZO ORDINARIO será do 17 de xuño ao 2 de xullo, ambos os dous incluídos, e o PRAZO EXTRAORDINARIO, do 1 ao 13 de setembro, ambos os dous incluídos.

Os ciclos solicitados ordéanse do 1 ao 8 segundo a orde de preferencia (ciclos e centros) e o LUGAR DE ENTREGA da solicitude será no centro que figura como primeira opción

A DOCUMENTACIÓN a presentar é:

a) Fotocopia cotexada do documento de identificación: DNI, NIE, pasaporte ou documento de identidade da Unión Europea.

b) Quen solicite acceso directo a ciclos formativos de grao medio deberá achegar certificación oficial da titulación ou dos estudos requiridos para o acceso, na cal figuren as cualificacións das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título, de ser o caso.

c) Quen solicite acceso directo a ciclos formativos de grao superior deberá achegar certificación oficial da titulación requirida para o acceso, na cal figuren as cualificacións das materias e na cal conste ter efectuado o depósito do título.

d) Quen solicite acceso mediante proba deberá achegar unha copia compulsada do certificado da superación da proba de acceso aos ciclos formativos solicitados. As persoas que accedan por ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou acrediten a exención total da proba de acceso a ciclos formativos deberán presentar copia compulsada da correspondente certificación.

e) As persoas discapacitadas que opten ás prazas reservadas deberán presentar o correspondente certificado acreditativo de minusvalidez, xunto co seu ditame técnico facultativo.

f) Quen solicite praza por reserva adicional para deportistas galegos de alto nivel, presentará ademais a resolución personalizada da consellería competente pola que obtén a consideración de deportista galego de alto nivel. Se a persoa solicitante é deportista de alto nivel con recoñecemento a nivel do Estado, deberá presentar a correspondente resolución personalizada do Consello Superior de Deportes.

g) Quen achegase titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar volante de inscrición condicional.

Para obter máis información e descargar a solicitude de admisión, visita o seguinte enlace:

 http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCM.htm