Saltar navegación.
Inicio

Saídas didácticas

VISITA Á CENTRAL DE TELEFÓNICA EN VIGO

O alumnado do ciclo formativo de Instalacións Eléctricas e Automáticas, acompañado polos profesores: Puri Rodríguez e Alberto Boullosa, participou hoxe nunha visita á Central de Telefónica en Vigo co obxectivo de obter unha visión mais do funcionamento dunha empresa do sector.

VISITA A IMATXINA

Preme na imaxe para acceder á galería.

Hoxe, alumnos e alumnas de 3ºESO e 4ºESO, afondaron nalgúns dos aspectos máis lúdicos das matemáticas participando, acompañados polos profesores: María Villar, Pedro Rodríguez e Rosa Casero, dunha visita organizada polo Departamento de Matemáticas á “Semana Matemática Imatxina” en Vigo.

 

 

VISITA A SOGAMA E Á CASA GRANDE DE XANCEDA

Alumnos e alumnas  dos Ciclos Formativos da Familia Profesional de Administración, acompañados polos profesores: Rosa Salinas, Marisa Gómez e Xoán Lorenzo, realizaron hoxe unha visita a dúas empresas en A Coruña: "SOGAMA" dedicada á xestión e tratamento de residuos urbanos,  e a “Casa Grande de Xanceda”, unha das  empresas líderes no mercado español de lácteos ecolóxicos.

Preme na imaxe para acceder á galería.

VISITA Á UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

 

 

 

 

 

 

Preme nas imaxes para acceder ás galerías.

Como en cursos anteriores, alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato, acompañados polas profesoras: Esperanza Mariño, Carmen Sánchez e María Villarino, participaron hoxe nunha saída didáctica a Santiago de Compostela.

VISITA Á "CASA DO PATRÓN" E AO "MUSEO DO TÍTERE" DE LALÍN

Preme na imaxe para acceder á galería

O alumnado  de 1ºESO participou hoxe nunha saída organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Galega.

DESCUBRINDO AS PEGADAS DA CULTURA CLÁSICA EN PONTEAREAS

O alumnado de 3ºESO de Cultura Clásica, xunto coa profesora Isabel Ávila,  realizou hoxe, 27 de xaneiro, unha saída por Ponteareas  para coñecer algúns vestixios da cultura clásica do noso entorno.


 

VISITA Á CENTRAL ELÉCTRICA SESTELO.

Hoxe, 26 de xaneiro, os alumnos do Ciclo de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, acompañados polos seus profesores, visitaron as instalacións da Central Eléctrica Sestelo.
Ao longo da mañá, un responsable da empresa amosou ao noso alumnado distintos aspectos relacionados co funcionamento da central: centros de transformación, liñas de distribución e tarifas eléctricas.

 

VISITA AOS XULGADOS DO SOCIAL

Co obxectivo de observar en directo xuízos reais relacionados coa materia de “Recursos Humanos", e contrastar os coñecementos teóricos adquiridos na aula coa súa aplicación no mundo real, os alumnos e alumnas do 2º Curso dos Ciclos de Xestión Administrativa e de Administración e Finanzas, acompañados das profesoras: Eva Agustina González e Rosa Salinas, realizaron hoxe unha saída aos xulgados do social de Vigo.

 

O IES PEDRA DA AUGA EN CULTURGAL

 

 

O sábado 5 de decembro, o profesor Xabier Prado e algúns dos seus alumnos de 2º de Bacharelato, representaron ao IES Pedra da Auga na Feira das Industrias Culturais “CULTURGAL” celebrada en Pontevedra.

Preme na imaxe para acceder á galería

 

COLABORANDO CO BANCO DE ALIMENTOS

Hoxe, 27 de novembro, iniciouse a recollida para o Banco de Alimentos de Vigo. Desde o Departamento de Orientación, ofreceuse aos alumnos e alumnas de FP Básica e Ciclos formativos de administración, a posibilidade de participar nesta iniciativa.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Distribuir contido