Saltar navegación.
Inicio

Saídas didácticas

VISITA Á SEMANA DA CIENCIA DA ETSE DE MINAS

O mércores 18 de novembro, alumnos e alumnas de 4ºESO e 1ºBAC. acompañados polos profesores Xabier Prado e Pilar Ortega, asistiron á Semana da Ciencia organizada pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.

Ao longo da xornada o noso alumnado participou en distintas actividades didácticas organizadas polo alumnado monitor da Escola de Minas.

Preme na imaxe para acceder á galería.

XORNADA MICOLÓXICA

Co obxectivo de aprender a coñecer e respectar tanto as distintas especies de cogomelos como o seu contorno, e como en cursos anteriores, alumnos e alumnas de 4ºESO, acompañados por tres profesores: María Dolores Pardo, Gloria Iglesias e Matías Rodríguez,  participaron esta semana nunha xornada micolóxica.

Preme na imaxe para acceder á galería

MARCHA SOLIDARIA APOIO CANCRO DE MAMA

Hoxe, 19 de outubro, alumnos e alumnas de 3ºESO, 4ºESO e 1ºBAC, xunto a varios profes, participaron en representación do noso centro na marcha solidaria en apoio ao cancro de mama celebrada en Ponteareas. O obxectivo era xuntar aos distintos colectivos da cidade baixo un mesmo lema: A SOLIDARIEDADE. Foi un día moi especial, grazas a todos por facelo posible.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Preme aquí para acceder ao vídeo.

 

Viaxe de estudos a París (marzo de 2014)

Os alumnos de 1º de Bacharelato do IES PEDRA DA AUGA realizaron unha viaxe de estudos a París  de 5 días acompañados dos seus profes de francés. Como profes estamos moi orgullosos do traballo realizado e do comportamento exemplar dos seus alumnos durante toda a viaxe. FELICIDADES CHICOS/AS!!!

Distribuir contido