Saltar navegación.
Inicio

XORNADA MICOLÓXICA

Co obxectivo de aprender a coñecer e respectar tanto as distintas especies de cogomelos como o seu contorno, e como en cursos anteriores, alumnos e alumnas de 4ºESO, acompañados por tres profesores: María Dolores Pardo, Gloria Iglesias e Matías Rodríguez,  participaron esta semana nunha xornada micolóxica.

Preme na imaxe para acceder á galería

A actividade desenvolveuse nun primeiro momento na biblioteca, cunha charla explicativa,  despois o grupo fixo unha saída ao campo para facer a recollida de cogomelos, posteriormente no centro realizouse a clasificación e montaxe da exposición no recibidor.