Saltar navegación.
Inicio

Saídas didácticas

CORRELINGUA 2016

Alumnos e alumnas do IES Pedra da Auga acompañados polos seus profesores, participaron hoxe nas actividades do Correlingua 2016 celebrado en Ponteareas.

Despois da marcha organizada por distintas rúas da vila, asistiron á lectura do Manifesto 2016 e a actuación do grupo gañador do Cantalingua: Zënzar.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

ROTEIRO CASTELAO. EXPOSICIÓN CASTELAO ARTISTA

Co obxectivo de coñecer as pegadas de Castelao na cidade de Pontevedra, así como a súa biografía e produción artística, o alumnado de 4ºESO  acompañado polos profesores Matías da Torre e Xabier Prado, visitou a cidade de Pontevedra.

Os alumnos e alumnas contemplaron no museo provincial a “Exposición Castelao Artista”  e percorreron  as principais prazas facendo un repaso á relación da cidade co autor.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

O PEDRA DA AUGA NA SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS


Preme na imaxe para acceder á galería.

Neste enlace podes participar nunha enquisa sobre dita actividade.

A primeira edición da “Semana das Ciencias” finalizou coa participación dos centros educativos de Ponteareas nos stands dos futuros investigadores.
Alumnos e alumnas do noso centro acompañados polos profesores: Carmen Sánchez, Rosa Casero e Xabier Prado, organizaron  distintos  xogos e experimentos  de física, química e matemáticas:

VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO EN PONTEAREAS.

O alumnado de 4ºESO e de 1ºFP Básica de Electricidade, acompañado polos profesores: Ruben Peña, Marta Torreiro e Xabier Prado, participou nunha saída ao Museo Científico situado en Ponteareas con motivo da celebración da “Semana das Ciencias”.

 

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO EN PONTEAREAS

O alumnado do Ciclo de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, acompañado da profesora Puri Rodríguez, visitou o Museo Científico fixado en Ponteareas con motivo da celebración da primeira edición da "Semana das Ciencias".

 

VISITA AO XVI FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE OURENSE

O alumnado de Cultura Clásica, Latín, Grego e Literatura Universal acompañado polos profesores: Isabel Ávila, Ana Díaz e Javier Costas, asistiu a dúas representacións, a traxedia "Euménides" de Esquilo e a comedia "Menecmos" de Plauto, no marco do "XVI Festival de Teatro Grecolatino de Ourense".

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E AO MUSEO DE PONTEAREAS

Os alumnos e alumnas que participan no Proxecto de Voluntariado da Augateca, acompañados pola profesora Isabel Ávila, realizaron unha visita guiada á Biblioteca Municipal e ao Museo de Ponteareas.

 Preme na imaxe para acceder á galería

TEATRO: "BICOS CON LINGUA"

Alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato, acudiron no auditorio de Ponteareas, á representación “Bicos con lingua” a cargo da compañía galega “Talía Teatro”.
A Federación de ANPAS de Ponteareas organizou esta actividade que trata de espertar en mozos e mozas a curiosidade, a sensibilidade e o sentido crítico.

CYRANO DE BERGERAC

Alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato acudiron hoxe á representación teatral en lingua francesa “Cyrano de Bergerac”   da man da plataforma artística “La Bohéme Théâtre”.

O departamento de Francés organizou esta actividade, coa que o alumnado tivo a posibilidade de exercitar a comprensión oral da lingua francesa ao tempo que gozaron  da adaptación desta peza de teatro de Edmond Rostand.

VISITA Á FUNDACIÓN DE ROSALÍA DE CASTRO E AO MUSEO DO POBO GALEGO.

Co obxectivo de valorar a nosa historia e tradicións, o alumnado de 3ºESO, acompañado polos profesores: Liliana Carro e Matías da Torre,  participou hoxe nunha visita ao Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela.

A xornada continuou en Padrón, na Fundación de Rosalía de Castro, onde os alumnos e alumnas afondaron no coñecemento da biografía da escritora.
Preme nas imaxes para acceder ás galerías.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido