Saltar navegación.
Inicio

O PEDRA DA AUGA NA SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS


Preme na imaxe para acceder á galería.

Neste enlace podes participar nunha enquisa sobre dita actividade.

A primeira edición da “Semana das Ciencias” finalizou coa participación dos centros educativos de Ponteareas nos stands dos futuros investigadores.
Alumnos e alumnas do noso centro acompañados polos profesores: Carmen Sánchez, Rosa Casero e Xabier Prado, organizaron  distintos  xogos e experimentos  de física, química e matemáticas:

  • Recanto matemático:

       Obradoiros de trangráns, pentaminós, e hexamantes .
       Xogos de estratexia.
       Resolución de problemas

  • Invisible:

       Como conseguir que desapareza un vaso
       Visión estereoscópica.

  • Vela Auga:

       Os gases que interveñen no proceso de combustión dunha vela.

  • Reprodución do funcionamento do noso estómago.
  • Gravidade:

    O campo gravitatorio da Relatividade Xeral observado nunha   maqueta.
       Medición da velocidade dos nosos reflexos.

  • Electromagnetismo:

      Electricidade persoal (medición cun polímetro): Con quen me levo mellor?
      Campo magnético producido por varios imáns (a ver se adiviñas a  configuración)

  • Compás:

      Elaboración dun compás de xeito moi sinxelo (usando un cravo e un fío)

  • Volcán:

      Reprodución dunha erupción volcánica con materiais sinxelos

  • Latas/LL:

      Observación da presión atmosférica.
    Ludión (maqueta nunha botella que explica o funcionamento dos submarinos a partir dos principios de Pascal e Arquimedes).
    Leite sicodélico (a Natureza pode producir fenómenos vistosos e sorprendentes).

  • Serpe:

     Unha oxidación espectacular!

Preme aquí para acceder a toda a información sobre a Semana das Ciencias.