Saltar navegación.
Inicio

Saídas didácticas

VISITA AOS MUSEOS DE A CORUÑA.

 

O pasado día 29 de xaneiro alumnado do IES PEDRA DA AUGA, visitaron os museos da Coruña, pasaron un gran día na cidade herculina.

 

Museos Coruña on PhotoPeach

1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS DE PONTEAREAS (5 e 6 de febreiro de 2018)

O noso centro participou na 1ª Feira das ensinanzas profesionais e artísticas que se celebraron en Ponteareas o 5 e 6 de febreiro de 2018.

Estivemos presentes cun stand onde os alumnos de 2º curso do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas mostraban diferentes prácticas como eran:

  • Bobinado de motores
  • Programación de autómatas e módulos lóxicos
  • Variador de velocidade dun motor
  • Fusionadora de fibra óptica

 

 

 

                           

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA A INDITEX E BEGANO

 

O NOSO ALUMNADO DOS 2º CURSOS DE ADIMNISTRATIVO,( 2º FPBÁSICA DE ADMINISTRATIVO, 2º DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA, E 2º DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS), FORON DE EXCURSÓN Á CORUÑA O DÍA 23 DE OUTUBRO.

VISITARON AS INSTALACIÓNS DE INDITEX E DE BEGANO.

VIÑERON UN POUCO CANSOS DO VIAXE, PERO MERECEU A PENA, POIS FOI UNHA VISITA MOI INTERESANTE DA QUE APRENDERON MOITO PARA O SEU FUTURO.

MOITAS GRAZAS A EVA ÁLVAREZ E FÁTIMA CABALLO POR ACOMPAÑALOS E GUIALOS NA SAÍDA.

VISITA LÚDICO CULTURAL A ALLARIZ

Preme na imaxe para acceder á galería.

Co obxectivo de fomentar a convivencia nun contexto lúdico, alumnos e alumnas  de 1º de Bacharelato acompañados polos profesores Matías da Torre e Mercedes Martín, visitaron Allariz  os días 20 e 21 de xuño.

 Ao longo de dúas xornadas, profesores e alumnos divertíronse realizando distintas actividades:

 ·   Percorrido polo casco histórico de Allariz coñecendo a súa historia e arte.

 ·   Ruta do río Arnoia: Ruta de sendeirismo para visitar as marxes do río e comprobar “in situ” a súa recuperación , visitando o “Festival Internacional de Xardíns”  e visita e o Museo do Coiro.

 ·   Ruta a cabalo.

EXCURSIÓN “BAIXADA EN CANOA POLO MIÑO”

Alumnos e alumnas do centro, gozaron dunha xornada de convivencia na natureza con actividades e xogos cooperativos, organizada polo Departamento de Relixión.

VISITA A CITRÖEN

Os alumnos do Ciclo Formativo de Grao Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles, acompañados polos profesores Braulio Ávila e Rubén Pedreira, visitaron  as instalacións que o Grupo PSA Peugeot Citröen  ten no seu centro de Vigo coñecendo o proceso de creación dun vehículo.

EXCURSIÓN Á CASA DOS POETAS DE CELANOVA



Preme na imaxe para acceder á galería.
Os alumnos e alumnas  de 1º BACHARELATO acompañados polos profesores Matías da Torre e Esperanza Mariño visitaron a Casa dos Poetas de Celanova,  aproveitando despois para coñecer algúns dos recunchos mais emblemáticos da vila.

VISITA Á ILLA DE AROUSA

Os alumnos e alumnas de 4ºESOB e de 2ºESOB acompañados polos seus titores: Pedro Rodríguez e Mercedes Martín, pasárono ben nunha xornada de convivencia fora do centro escolar visitando á Illa de Arousa.

Preme na imaxe para acceder á galería.

VISITA ÁS BODEGAS MARQUÉS DE VIZHOJA

Os alumnos e alumnas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, acompañados polos profesores Xoán Lorenzo e Marisa Gómez, asistiron a unha visita guiada polas Bodegas Marqués de Vizhoja  ubicadas  no Pazo A Moreira, situado en Arbo, Pontevedra, coñecendo de primeira mán o funcionamento integral dunha empresa do sector vinícola.

Distribuir contido