Saltar navegación.
Inicio

VISITA Á CENTRAL ELÉCTRICA SESTELO.

Hoxe, 26 de xaneiro, os alumnos do Ciclo de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, acompañados polos seus profesores, visitaron as instalacións da Central Eléctrica Sestelo.
Ao longo da mañá, un responsable da empresa amosou ao noso alumnado distintos aspectos relacionados co funcionamento da central: centros de transformación, liñas de distribución e tarifas eléctricas.