Skip to Content

Actividades

DON OU DONA, UN MESMO OBXECTIVO

Nesta entrada amósase o traballo realizado polo alumnado de 3ºESO (curso 19/20) dentro do Plan Proxecta: "Salvavidas", sobre a doazón e o transplante de órganos e tecidos.

Aquí tedes acceso ás fotografías realizadas sobre o xogo de rol baseado no rexeitamento dun transplante de pel, sobre a determinación dos grupos sanguíneos e sobre a charla de transplantesSorriso

 

Adxúntase tamén a memoria final do traballo realizado.

Observación astronómica no noso instituto

Despois de máis de un mes sen parar de chover, o tempo deu unha tregua para que o alumnado de 1ºESO puidera observar no ceo nocturno de Camariñas unha chea de corpos celestes: os aneis de Saturno, os cráteres de impacto na Lúa, unha nebulosa planetaria… e, incluso, o paso da Estación Espacial Internacional polo horizonte.

Grazas ao programa da USC Todocosmos e ao noso guía, Pedro Pablo Campo, por explicarnos tan ben e resolver tódalas nosas dúbidas. Definitivamente, a espera valeu a pena!

 

Fotografía, con telescopio, da Lúa en fase crecente.

A importancia de lavar as mans

Por fin se viron resultados no noso experimento! A rapazada de 1º ESO participou nesta simple pero ilustrativa experiencia, na que puidemos comprobar a importancia de ter uns bos hábitos de hixiene.

Un acto sinxelo como lavar as mans evita o contaxio de moitas enfermidades, e nesta foto comparativa entre a rebanda de pan control, a que se manipulou coas mans limpas e a que se introduciu na bolsa coas mans sen limpar, podemos comprobar esta afirmación. Así, o pan que pasou polas mans do alumnado que non lavara as mans foi o primeiro en deteriorarse pola presenza de microorganismos que, ao cabo duns días, medraron e estragaron o alimento visiblemente.

Bo traballo!

Volven os almorzos saudables!


Xa están de volta os almorzos saudables. Desta quenda, tócalle ao alumnado de 1º e 4º de ESO gozar destas equilibradas propostas para comezar ben o día desde o punto de vista nutricional.

Lembramos que se trata dunha colaboración interdisciplinar das materias de Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía, Hábitos saudables e Educación física, coa implicación dos programas DAFIS (espazo Actívate) e Consumópolis.

Para ver as fotos das xornadas, preme aquí.

Canto sabemos da linguaxe publicitaria?

O vindeiro luns 13 de maio contaremos coa presenza de tres técnicas do Instituto Galego de Consumo que darán unha charla sobre linguaxe publicitaria, para concienciar á comunidade educativa sobre como nos condiciona este aspecto á hora de consumir.

A actividade forma parte do programa Consumópolis, no que o noso centro participa co proxecto "Repensa a túa despensa" e que ten como obxectivo fomentar o consumo responsable.

Distribuir contido


by Dr. Radut