Skip to Content

Novas

DÍA MUNDIAL DA AUGA: 22 de marzo

Hoxe celébrase o Día Mundial da Auga!!

Deíxovos datos de interese para reflexionar neste día sobre o noso consumo de auga.

  • A auga é un recurso potencialmente renovable, quere dicir que a auga potable é un ben escaso e que non é accesible a toda a poboación mundial.

 

  • En África subsahariana a poboación ten os niveis máis baixos de acceso a auga potable. O 50% da súa poboación ten que beber auga non potabilizada (de pozos, charcos, auga da choiva,...)

 

  • Considérase auga potable a auga libre de: protozoos  amebas, paramecios, vorticelas, flaxelados,...), libre de algas unicelulares (diatomeas, algas verdes,...), de bacterias. Ademais, debe ser: inodora, incolora e insípida.

 Que podemos facer nós para non desperdiciar a auga?

  • Pecha a billa cando laves os dentes ou as mans (agora hai que lavalas moito!).
  • Usa reguladores da cantidade de auga na cisterna.
  • Non te deas un baño, mellor unha ducha rápida 5-10 minutos máximo!

 

 Aquí tedes un vídeo emitido onte en "La Noche Temática" de Rtve 2, sobre a contaminación das augas.

 

Bo domingo a todos/as!!Sorriso

Entrega de premios Consumópolis 14

O pasado 14 de xuño Laura Sar, Noa Tedín, María García e Andrés Parga tiveron unha cita en Santiago de Compostela, na Escola Galega de Administración Pública, para recibir o 1º premio a nivel autonómico na categoría correspondente ao alumnado de 1º e 2º ESO, que lles foi outorgado no concurso Consumópolis 14: Pola túa seguridade, sabes o que consomes?

O equipo autodenominado "Canicas" fixo unha exposición de calidade, orixinal e chea da naturalidade que tanto caracteriza a esta rapazada. Avogaron polo consumo responsable defendendo a versatilidade do seu produto, a Reverseta, e fixeron fincapé tamén no impacto social e ambiental da prenda.

Acábanse os plásticos dun só uso en 2021!

 

O congreso prohibirá os plásticos dun só uso a partir de 2021.

Para saber máis:  National Geographic, La Vanguardia.

Consumo de azucre en España

O pasado martes 12 de febreiro publicouse en EL PAÍS un artigo de grande interese para a nosa saúde, que afirma que en España consumimos case o triple de azucre que o que recomenda a OMS (25 g ao día). Existe unha relación moi clara entre o elevado consumo deste nutriente e a aparición de enfermidades como a obesidade ou a diabetes tipo II, por iso hai que poñer moita atención á cantidade de azucre que tomamos, incluído o que está presente en moitos alimentos. 

Preme aquí para ler a noticia completa.

Envases plásticos biodegradables creados a partir de mondas de pataca

Nace o PHVB, un novo material desenvolvido polo centro tecnolóxico Ecoembes que tamén se pode reciclar e compostar. Aínda que está en fase de prototipo, está claro que podemos afirmar que nunca as mondas de pataca foran tan útiles!

Preme aquí para ler a noticia publicada hoxe 23 de novembro na Voz de Galicia.

Cambio de tren...

Despedida Xaquín

 

  

Resulta estraño dicir que Xaquín se retira. Parece que estas palabras non soan ben xuntas. Quizáis porque ninguén as cre!. É ben seguro que aínda que se xubilou hai só uns días, este home xa está argallando o xeito de seguir transmitindo o seu entusiasmo pola ciencia. Así que, tomando prestada a idea do ferrocarril, diremos mellor que Xaquín baixa do tren da escola para tomar outro cara a novos destinos.

Boa viaxe, Xaquín!

Distribuir contido


by Dr. Radut