Skip to Content

2019-2020

Convivimos, reivindicamos

Foto de Mar de Fábula                                       

O pasado venres 27 o alumnado e o profesorado do Pedra da Aguia camiñamos xuntos ata Arou na Marcha da convivencia, unha andaina coa que adoitamos comezar o curso para acoller aos novos compañeiros compartindo un tempo de lecer.

Este ano tirámoslle aínda máis proveito á saída, xa que, convocados polo concello e a asociación Mar de fábula, unímonos aos colexios de primaria da Ponte do Porto e Camariñas para realizarmos todos xuntos diversas actividades coas que chamar a atención sobre a necesidade de tomar medidas para loitar contra o cambio climático e a contaminación dos mares. E aí estamos na foto, no areal de Camelle, uns de lado dos outros para dar forma á nosa reivindicación: MAR LIMPO XA!.

Camariñas celebra o Día da inclusión

O pasado venres día 20, a Asociación Íntegro coordinou a celebración do Día da inclusión, escollendo para iso a localidade de Camariñas. Reuníronse alí membros de colectivos de Boimorto, Arzúa, Muros, Ribeira, Noia,... e tamén os colexios de primaria de Camariñas e A Ponte do Porto e o alumnado de 1º de ESO do noso instituto.
Ao redor de 400 persoas participaron nunha marcha "inclusiva e accesible" desde o Club Náutico ata a praza do concello, onde asociacións e escolares leron un manifesto pola inclusión,

Distribuir contido


by Dr. Radut