Normalización
CONFERENCIA DE PACO PIÑEIRO ÓS ALUMNOS DE 2º DE BAC
Enviado por Esperanza o Dom, 26/10/2014 - 17:06
FRANCISCO PIÑEIRO GONZÁLEZ : ESCRITOR, DRAMATURGO, ENSAÍSTA, ACTOR... Un dos autores de referencia da lteratura galega das dúas últimas décadas. |
|
TEATRO DE MONICREQUES
Enviado por Normalización o Ven, 13/06/2014 - 11:41Un ano máis @s alumn@s do club de lectura do centro dirixen e dinamizan un teatro de
monicreques dirixidos ó alumnado de 4 anos do CEIP Vista Alegre co obxectivo de achegar
á estos un intre de diversión e entretemento didáctico a través dunha pequena peza teatral
onde distintos persoaxes cobran vida grazas as habilidades dos protagonistas, todos
alumn@s deste centro, e da lectura doutros contos infantís tamén por parte d@s propios
alumn@s do Club de lectura.
A actividade forma parte do proxecto didáctico anual do Club de Lectura dirixido pola
bibliotearia do centro Cecilia Martín
VIAXE A SANTIAGO
Enviado por Normalización o Ven, 13/06/2014 - 11:22A viaxe a Santiago foi o día 10 de maio. Organizamos entre a Biblioteca e Normalización e levamos as rapazas do Club de Lectura. Pola mañá fomos a Santo Domingo de Bonaval , onde vimos o Panteón de Galegos Ilustres e asistimos á actuación do grupo de Cámara SON DE NÓS. Puxéronlle voz a textos de X. Díaz Castro, Curros, Rosalía....no medio doutros autores doutras linguas.
Pola tarde levámolas ao teatro ver a obra ROBINSON, un espectáculo divertido co que rematamos o noso día en Santiago.
LETRAS GALEGAS 2014
Enviado por Normalización o Sáb, 07/06/2014 - 14:32Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
“Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou.
Premio Certame de Narración e Debuxo Letras Galegas 2014-
Enviado por Normalización o Dom, 25/05/2014 - 06:53Burela, 21 de maio de 2014- A Delegación Municipal de Cultura, a través da Biblioteca pública municipal de Burela, organizou o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2014 na súa fase local. No mesmo participaron nen@s do Concello coas súas obras sobre o tema Cociñando Contos.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca de Lugo.
Os gañadores son:
Narración- Categoría C (de 12 a 16 anos)
1º premio: Irene Rico Gómez. 15 anos. IES Monte Castelo
2º premio: Lorena Barrera López.15 anos. IES Monte Castelo
O Correlingua en Foz
Enviado por Normalización o Xov, 22/05/2014 - 13:00A décimo cuarta edición do Correlingua na Mariña celébrase este venres 16, en Foz. A «carreira» en defensa do galego, cuns mil estudantes, arrancará ás 11.00 dende Llas e rematará no porto, nunha gala presentada por Isabel Risco, coa actuación da banda Colectivo Bomba e outras de alumnos do Perdouro e Marqués de Sargadelos. Len o manifesto os do Ceip 1.
Amigos da Gaita Galega de Ribadeo súmase tamén o día 16 á conmemoración das Letras Galegas co III Festival Infantil que terá lugar no Teatro ribadense a partir das 20.00 horas e que contará coas actuacións de nenos e nenas dos grupos folclóricos Ledicia de Burela máis Amado Lar de O Valadouro e, por suposto, do anfitrión Amigos da Gaita Galega.
Por outro lado, o Ceip San Cosme en Barreiros celebrará tamén mañá, venres, as Letras Galegas lembrando a Xosé Mª Díaz Castro cunha videoconferencia na aula CeMIT ás 12.00 e co mindoniense Fran Bouso sobre Leiras Pulpeiro.
E en Viveiro, o Casino acollerá mañá ás 20.00 outra cita máis das Letras. Haberá música, charla da profesora Isabel Mª Barcón sobre Xosé Mª Díaz Castro e peche musical do acto co gaiteiro David Bellas.
Concerto: No camiño da lingua
Enviado por Normalización o Lun, 12/05/2014 - 11:55
O grupo volca SonDeNós, procedente de A Mariña, interpeta obras musicais de Xoán Montes, Julio Domínguez e Plácido Travieso con textos de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Manuel Antonio e Séchu Sende.
IV Maratón de lectura Buril
Enviado por Normalización o Xov, 24/04/2014 - 14:35Celebración do Día do Libro 2014 -IV Maratón de lectura Buril
Mércores 23 de abril- Alumnos de 3º e 4º de ESO participan no IV Maratón de Lectura de Buril, actividade organizada polo Concello de Burela, que consiste nun maratón de lectura en lingua galega dun autor/a literario galego escollido para a ocasión no Salón de plenos da Casa do Concello de Burela.
Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | |
7 |
Proxecto Neo nº 90.3 Especial Día do Libro
Enviado por Normalización o Xov, 24/04/2014 - 05:02DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Enviado por Normalización o Mar, 22/04/2014 - 11:52Hoxe, 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil data escollida por ser o nacemento de Hans Christian Andersen e co ánimo de inspirar o amor polos libros e chamar a atención dos cativos e cativas.
Para conmemorar este día, o IBBY (Internacional Board on Books for Young People) encarga unha imaxe e un texto a un autor, e neste ano as elexidas foron autoras irlandesas as que poñen rostro e voz ao libro infantil e á lectura como actividad esencial na formación das persoas: Siobhán Parkinson é a autora do texto "Carta aos nenos do mundo" e Niamh Sharkey ilustra o cartel conmemorativo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »