Normalización

EU SON MALALA

Cando os talibáns tomaron o control do val de Swat en Pakistán, unha nena alzou a súia voz. Malala Yousafzi negouse a ser silenciada e loitou polo seu dereito á educación.
Tiña só quince anos o 9 de outono de 2012 cando estivo a piques de pagar coa súa vida a súa postura. Disparáronlle na cabeza cando volvía da escola e estivo á beira da morte, pero o destino quixo que se salvase para converterse no símbolo global da protesta pacífica, e hoxe é o Premio Nobel da Paz máis xove da historia.

Cando lemos este libro temos a impresión de que o poder dunha soa voz pode cambiar o mundo. 
A voz dunha nena, cunha familia, cuns profesores, cuns libros...poden cambiar o mundo.

Ela devólvenos a esperanza de que un mundo mellor é posíbel, de que podemos devolverlles a dignidade, a paz e o dereito á igualdade de oportunidades a tod@s aquel@ que permanecen silenciad@shumillad@smaltratad@s...
É a única maneira de rematar dunha vez co medo e coa desesperanza, de converter o silencio en forza, poder e valor.

 

 

CERTAME DE BELÉNS E ÁRBOLES DE NADAL

Os nosos alumnos do primeiro ciclo da ESO participaron no certame de Beléns e Árbores de Nadal convocado polo

Seminario de Lingua Galega en colaboración con Dinamización Lingüística.

Os gañadores foron:

 

1º.- Christian López Vázquez

 

2º.- Xoel Álvarez López

 

3º.- Claudia Pernas Dayán

 

3º.- Noelia Artime López (Belens)

CERTAME DE BELÉNS E ÁRBOLES DE NADAL

Os nosos alumnos do primeiro ciclo da ESO participaron no certame de Beléns e Árbores de Nadal convocado polo

Seminario de Lingua Galega en colaboración con Dinamización Lingüística.

Os gañadores foron:

 

1º.- Christian López Vázquez

 

2º.- Xoel Álvarez López

 

3º.- Claudia Pernas Dayán

 

3º.- Noelia Artime López (Belens)

PROXECTO NEO Nº 107

Especial dedicado á versión cinematográfica que fixo Ignacio Vilar inspirándose na Esmorga de Eduardo Blanco Amor no nº 107 do Proxecto Neo

XIII MAGOSTO DO MONTE CASTELO 2014

O MAGOSTO é unha festtividade de orixe pagá que logo foi cristianizada. É unha festa de carácter agrario que se remonta á Prehistoria. Trátase dunha comida comunitaria e ritual que reforza os vínculos do rural galego. Ten un carácter alegre e de acción de grazas polos froitos recollidos, así como unha homenaxe aos castiñeiros e ás castañas.
     Relaciónase co culto á fecundidade, de aí  a presenza directa do lume. Os magostos fanse nas eiras, nas lareiras, no monte ou...no patio do colexio.

Primeiro amósanse as castañas para que non rebenten no lume e , mentres se asan, os rapaces e rapazas da ESO  participan de xogos tradicionais organizados e coordinados polos alumnos do ciclo de ACTIVIDADES FÍSICAS E DEPORTIVAS.

Unha tarde magnífica de luns para cambiar a rutina habitual das clases
 
                                    A castaña no ourizo
                                    quixo rir e rebentou.
                                    Caendo castiro abaixo,
                                    mira que golpe levou!!


                                    Xa pasaron as vendimas,
                                     viñeron as esfolladas,
                                    para comer coas mozas
                                    catro castañas asadas

 

ACTO MUSICAL EN CANGAS

Desde finais dos anos 60, cando nace en Compostela a NOVA CANCIÓN GALEGA,  até o 6 de Novembro de 2014 pasaron moitos anos.  Aquí están de novo, tratando de recuperar a esperanza e a memoria, MINI E MERO, PILOCHA, MIRO CASABELLA, RAÚL NUBEIRO e ANTÓN CREGO.

      Todos xuntos para recuperar unha parte da nosa memoria e para volver a encher de ilusión o vaso do noso presente: ALECRIM, LELA, A MUIÑEIRA DE CHANTADA, IRMAOS, O SANCRISTÁN DE COIMBRA...Emotivo reencontro cos anos 70 e, ao mesmo tempo, situándonos tan ben no noso aquí e no noso agora, facéndonos mergullar no máis fondo da nosa terra, nos problemas do noso tempo, nas raigames que moven a literatura e a música comprometida de todos os tempos.

      Letras e músicas erguéndose contra as inxustizas, cantando o amor, a tenrura do berce, a morte, a seiva nutricia,a nosa historia: " O meu país" en palabras de Miro Casabella

       Porque o futuro precisa que todo o pasado teña o seu lugar na historia presente. É o único xeito de que os nosos fillos se sintan orgullosos da súa terra e que axuden a construír o noso futuro  con dignidade 
   

A CIENCIA DA PROGRAMACIÓN DE ORDENADORES (TAMÉN EN GALEGO)

 

A Coodinadora Galega de ENDL convídounos a participar na videoconferencia para secundaria que, con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organizou a CGENDL este mércores 5 de novembro

O relator foi Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educative e da aplicación. 

O NOSO SAMAÍN FAI FRONTE Á CRECENTE PRESENZA DO HALLOWEEN

 

O IES MONTE CASTELO presenta estes días unha exposición de  EPITAFIOS e CABAZAS absulutamente fieis á tradición galega.

Os rapaces e rapazas do noso CENTRO DE ENSINO  recrean coa súa arte o forte contido simbólico que esta época ten para os pobos atlánticos: as festas de Santos, a renovación da vida a través dos froitos da terra, a lembranza dos mortos e a celebración da natureza
   
   

CONFERENCIA DE PACO PIÑEIRO ÓS ALUMNOS DE 2º DE BAC

FRANCISCO PIÑEIRO GONZÁLEZ : ESCRITOR, DRAMATURGO, ENSAÍSTA, ACTOR...

 Un dos autores de referencia da lteratura galega das dúas últimas décadas.

Os alumnos de 2º de BAC ( algúns ex-alumnos del) tiveron o privilexio de asistir a unha conferencia  na que nos explicou  a evolución do teatro na Mariña desde principios do século XX até os nosos días. Percorrendo cada concello desde Ourol a Ribadeo foi explicando a arte do teatro afeccionado, o labor das Irmandades da Fala na normalización do xénero, o cáseque silencio imposto polo réxime na posguerra, a lenta recuperación nos anos 80 e 90 e a situación dos grupos de teatro afeccionado na Mariña actualmente.

O PROFESOR  foi desenvolvendo coa súa didáctica estes últimos cen anos da nosa historia dramatúrxica, enganchando aos rapaces  co seu saber  e o seu discurso sempre ameno e optimista. Todos disfrutamos da súa lección maxistral. 

 
Distribuir contido