Normalización
O COMPROMISO COA LINGUA MÁIS ALÁ DAS MEDIDAS DE CARA A GALERÍA
Enviado por Esperanza o Xov, 21/12/2017 - 15:06
O mércores 20 de decembro de 2017 os alumnos de 1º de BAC asistiron a unha conferencia do profesor do IES PERDOURO, Bernardo Penabade Rei . O presentador do acto foi o alumno de 1º B Edilson Tavares Sanches, asiduo colaborador do programa musical de Radio Burela " NOVAS VOCES DO NOSO MUNDO". O respecto á diversidade , a eco-lingüística en tanto que patrimonio irrenunciable da humanidade enteira. Este posicionamento implica que debemos manter, conservar e promover a nosa lingua. Para isto pon como exemplo o MODELO BURELA, o traballo que el leva desenvolvendo cos seus alumnos do Perdouro desde hai unha década. |
|
AS AVENTURAS DE GALE
Enviado por Esperanza o Xov, 21/12/2017 - 14:33
Os monicreques de A XANELA DE MAXÍN representaron para os rapaces de varios IES da Mariña AS AVENTURAS DE GALE. ese gran tesouro que protexe con tanto mimo: palabras, expresións, dicires e unha maneira única de ser e descubrir o mundo. Unha historia chea de aventuras e desventuras que nos axudará a comprender a gran riqueza que supón a nosa cultura. actualmente non está no seu mellor momento, diríxese a nós para que a axudemos e continuemos o noso camiño collidos da súa man |
|
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO ACTOS NO VENRES 24 DE NOVEMBRO
Enviado por Esperanza o Xov, 30/11/2017 - 12:28
O venres 24 de novembro todos os centros de ensino de Burela e varias asociacións participaron activamente no DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. A intención era tratar de sensibilizar os máis pequenos facéndoos participar activamente para que, cando cheguen a grandes, traten de mellorar a situación presente. Está visto que co mundo dos adultos é case imposible mudar o estado da situación. Por iso estamos convencidos de que o futuro será mellor se logramos educar ben os pequenos. Educar en valores forma parte do noso labor de mestres porque cremos nos rapaces e cremos que un mundo mellor é posible!!
|
|
REPRESENTACIÓN TEATRAL CON TROPA DE TRAPO O MARTES 21 DE NOVEMBRO
Enviado por Esperanza o Xov, 30/11/2017 - 12:26
Foi un espectáculo cheo de esperanza, humor, amor, pequenas loitas posibles e grandes soños no horizonte. Ellen Jonhson Sirleaf, fálannos de cooperación e solidariedade e convídannos a unha reflexión sobre o mundo que nos rodea. O espectáculo convértese nun xogo onde a retranca, o humor e a música en directo,acompañan o coloquio que nos conduce á reflexión sobre a violencia de xénero.
|
|
XVI MAGOSTO O 17 DE NOVEMBRO
Enviado por Esperanza o Xov, 30/11/2017 - 12:23
Primeiramente, os alumnos do ciclo de TAFAD realizaron xogos tradicionais cos rapaces, coa finalidade de que coñezan como era a actividade lúdica dos seus antepasados. Ao remate repartíronse as castañas asadas para que comprendesen e disfrutasen da festa do outono por excelencia. Todo isto acompañado da nosa música tradicional: A QUENLLA, TERIXADURA, LEILÍA... É importante coñecer de onde vimos para saber a onde imos.
|
|
VIAXE DIDÁCTICA A FERROL E CORUÑA
Enviado por Esperanza o Ven, 21/07/2017 - 07:44
O Martes 16 de maio, organizado polos departamentos de Dinamización Lingüistica, Xeografía e Historia e Tecnoloxía, realizouse con alumnos de 3º,4º ESO e 1º Bac de tecnoloxía industrial I, unha visita ás instalacións do ársenal militar de Ferrol con visita a unha fragata da Real Armada Española e ao Castelo de San Felipe. En Coruña visitamos o miradoiro de San Pedro e o casco antigo. Á noitiña asistimos a unha obra no teatro Rosalía de Castro, O tolleito de Inishman de Candido Pazó. |
|
CORRELINGUA 2017
Enviado por Esperanza o Ven, 21/07/2017 - 07:18
Un bo número de centros de Ensino de Primaria e Secundaria participaron un ano máis no Correlingua que este ano se celebrou en Viveiro. O IES Monte Castelo axudou na organización e planificación das carreiras que foron todo un éxito!!. |
|
VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA CON 4º ESO
Enviado por Esperanza o Xov, 06/04/2017 - 08:16
O venres 24 de marzo os departamentos de HIstoria e Normalización Lingüistica levamos os alumnos de 4º ESO de visita cultural a Compostela: Parlamento de Galicia, paseo de FErradura, Museo do Pobo Galego, Catedral, Fonseca e a FAcultade de Historia foron os lugares escollidos para o periplo. Tivemos sorte coa climatoloxía e saíu todo como está previsto, incluso mellor |
|
PROXECTO NEO CON EDILSON SANCHES TAVARES
Enviado por Esperanza o Xov, 06/04/2017 - 08:08
O noso alumno Edilson Sanches Tavares de 4 ESO participa todos os venres ás 7 da tarde no programa de Proxecto Neo "Grandes Voces do Noso Mundo". Un pracer inmenso gozar do seu bon facer habida conta que só leva 2 anos en Burela. |
CONFERENCIA DE HERMINIA PERNAS
Enviado por Esperanza o Xov, 06/04/2017 - 08:00
Herminia Pernas Oroza é unha extraordinaria exponente do ideal feminino que Rosalía nos propuxo hai 150 anos. A través da súa traxectoria persoal e profesional podemos ver o verdadeiro cambio social que Rosalía soñara. Non se trata só da igualdade declarativa ou teórica senón do exercicio da mesma. O pensamento e a praxe feminista están perfectamente definidos na súa personalidade,na demostración de que a igualdade de oportunidades , a igualdade salarial,a conciliación coas tarefas doméstico-familiares...son posibles e isto fainos pensar que UN MUNDO MELLOR É POSIBLE PARA todos e todas. |
|
|
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »