Juan Manuel Garrido profesor de enxeñería química da Universidade de Santiago de Compostela deunos unha charla sobre patentes. Como investigador, el e o seu equipo patentaron un dispositivo para extraer fósforo das feces e orina humana. Ese fósforo é fundamental para os fertilizantes do campo. Esa investigación levouse á práctica e implementouse nunha pranta de extracción de fósforo que se atopa en Goián.
A Universidade de Santiago está desenvolvendo un programa chamado "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" para o curso 2017-2018. A primeira das actividades deste programa é a das visitas aos Institutos e Centros de Formación Profesional para dar unha charla informativa. No noso a persoa encargada de facelo foi María Teresa Flores, profesora da Facultade de Física e colaboradora da USC neste programa.
A charla estivo dirixida ao estudantado de 2º de Bacharelato e de 2º curso do Ciclo Formativo Superior. Todos e todas estiveron moi interesados/as pola información proporcionada e fixeron moitas preguntas, sobre todo os/as de Bacharelato.
Por fin están disponibles para quen queira consultalas as revistas editadas polo alumnado do instituto desde a súa inauguración. Poderemos disfrutar do traballo xornalístico dos vosos pais, tios e coñecidos que pasaron polo instituto de Carril de dende 1988 ata a actualidade. Queres botar unha ollada?
Hoxe, 24 de novembro de 2017, o noso centro educativo recibíu unha mención especial polo proxecto MARZO SEN FRONTEIRAS, realizado o curso pasado. O premio foi entregado aos autores do proxecto, Concepción Pérez Alonso e Luís Garrigós Villalba, en Bruxelas no transcurso da European Vocational Skills Week.
Parabéns ao alumnado e ao profesorado do Ciclo Superior e a todos os centros participantes.
(Podes facer clic sobre as imaxes para amplialas)
As imaxes recollen o diploma acreditativo da concesión do mesmo que ven asinado pola Comisaria europea de Emprego, Asuntos Sociais, Habilidades e Mobilidade Laboral, o momento da entrega do premio e aos dous profesores que foron a Bruxelas a recollelo.
Marzo sen fronteiras é un proxecto integrado no que o alumnado do Ciclo Superior de Actividades Físicas e Deportivas ten que configurar as actividades a realizar todos os mércores do mes de marzo con diferentes colectivos de persoas con discapacidade da comarca do Salnés. Están a cargo non só do deseño e preparación das actividades senón tamén da busca de patrocinadores, do deseño dos cartaces, do catering e da monitorización de cada unha das sesións. É un traballo en grupo moi enriquecedor. A finalidade destas actividades é mellorar a calidade de vida destas persoas por medio dunha actividade física lúdica e estimulante.
O noso instituto, comprometido coa loita contra a violencia contra as mulleres, participou nunha marcha convocada polo concello de Vilagarcía e na que participaron todos os centros da localidade. Aquí abaixo tendes unha imaxe do evento.
(Para aumentala, fai clic na imaxe)
Se premes na imaxe que está aquí abaixo podes ler o blogue sobre igualdade de xénero do alumnado de 1ºESO do noso centro educativo:
Para ler a nova na páxina do Concello preme na imaxe inferior:
Samuel Mountoumnjou, profesor e mediador intercultural, estivo de xira por Galicia na súa faceta de contacontos por segundo ano consecutivo. E tamén pasou polo noso centro educativo para deleitar ao alumnado de francés coas historias tradicionais africanas que el recibíu dos seus maiores. E por suposto a lingua utilizada foi o francés porque como xa sabemos, esta é a lingua oficial ou lingua de uso en moitos paises do mundo e sobre todo do continente africano.
Estes contos transmiten a sabiduría acumulada de xeración en xeración e que constitúen parte do valioso patrimonio inmaterial do pobo camerunés. Nesta ocasión os temas tratados nos contos foron a ingratitude, a astucia, a confianza en si mesmo ou as consecuencias da mentira. Os protagonistas son ás veces humanos e outras veces animais como crocodilos, avestruces, lebres ou monos.
Velaí unhas imaxes do alumnado que asistíu ás sesións de contacontos adaptados de 1ºESO a 2º Bacharelato.