Skip to Content

Novas

Departamento de Orientación

Do 22 ao 24 de febreiro celebrarase a terceira edición de UNIferia, a Feira Virtual das Universidades españolas, promovida pola CRUE que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Graos que se van a impartir o vindeiro curso 2021-22. Funciona como unha Feira Universitaria presencial

Seguir lendo

Departamento de Orientación

22 ao 26 de febreiro terán lugar os Encontros Virtuais da Universidade de Santiago de Compostela, dirixidos ás Orientadoras e Orientadores e Profesorado de Ensino Medio. Podendo conectarse a través de videoconferencia cos distintos centros para facer as consultas que se desexen.

Seguir lendo

Departamento de Orientación

O “Efecto Matilda” é un prexuizo en contra do recoñecemento dos logros das mulleres científicas”

#No more Matildas” é unha forma de poñer de manifesto as trabas ás que se viñeron enfrontando as mulleres que quixeron entender o mundo no que se atopaban dedicándose á ciencia. Podemos afirmar con case total seguridade que estes grandes descubrimentos para a humanidade só puideron desenvolverse porque estes científicos foron homes, esta brecha de xénero segue existindo.

Seguir lendo

Departamento de Orientación

A aprobación da Lei Orgánica 3/2020, de 29 de Decembro (LOMLOE), mudando a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio (LOMCE), introducirá unha serie de modificacións significativas no ensino, entre elas a eliminación dos itinerarios, a substitución dos PMAR polos PDC, a supresión das xerarquías entre mateiras e as reválidas na ESO e Bacharelato. Na infografía podedes consultar un breve resumo das reformas.   

Seguir lendo

Departamento de Orientación

 Aberto o prazo para o acceso a ciclos de FP de grao medio e superior 

O período de inscrición para as probas de acceso a grao superior estará comprendido entre os días 31 de xaneiro ao 11 de febreiro (ambos incluídos)

O período de inscrición para as probas de acceso a grao medio estará comprendido entre os días 03 e 16 de marzo (ambos os dous incluídos)

Estas probas están destinadas a aquelas persoas que, carecendo dos requisitos académicos para acceder directamente e teñan:

Grao Superiordezanove anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Grao Mediodezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba, que queiran cursar un ciclo formativo de formación profesional. As probas de acceso acreditarán se a persoa posúe os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de formación profesional.

Seguir lendo

Departamento de Orientación

Información sobre a Avaliación do Bacharelato para o Acceso á Universidade. ABAU 2021. / As datas das probas da convocatoria extraordinaria son as estimadas pola CIUG no caso de que a situación derivada da pandemia permita manter o calendario.

Seguir lendo

Distribuir contido


by Dr. Radut