As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller o cheque adicional a partir do luns no seu centro educativo. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución que amplía as axudas para adquirir material escolar, sen facer ningún trámite adicional.