Skip to Content

IES Leiras Pulpeiro

Novas Familias

Viaxe a Bruselas cancelada

Ante os últimos acontecementos acaecidos en Bruselas, dende o centro temos contactado telefonicamente coas familias do alumnado inscrito na excursión de 1° de Bacharelato a esa cidade. 

Tendo en conta:

  • que a maior parte dos pais e nais prefiren que a excursión se cancele
  • que o compromiso establecido co Parlamento Europeo para que a subvencione implica ter un número mínimo de alumnos/as visitantes
  • que cun número moi baixo de alumnos/as elevaríase enormemente o prezo da excursión
  • que en Bruselas está decretada a alerta máxima e a viaxe sería dentro de poucos días, o cal suporía un risco para os/as participantes

Informamos:

que a excursión QUEDA CANCELADA

Grazas.

Revista: Participación Educativa

No día de hoxe chegou ao centro esta mensaxe do Presidente do Consello Escolar do Estado, de posible interese para os membros da comunidade educativa:

Estimada directora, estimado director.

Me es muy grato informarle de que se  ha publicado el número 7 de la revista «Participación Educativa» del Consejo Escolar del Estado, que tiene como tema central «Las relaciones entre familia y escuela».

(http://ntic.educacion.es/cee/revista).

El Consejo Escolar del Estado eligió  este tema para su XXIII Encuentro de Consejos Escolares Autonómicos y del Estado (Santander, abril 2015). Con la participación de los sectores implicados, se trataba de tender puentes entre esas dos instituciones directamente concernidas en la educación de niños, adolescentes y jóvenes. Se dispone de suficiente evidencia empírica como para concluir que una atinada relación entre familia y escuela facilitará la implicación parental, ampliará el área de influencia profesional del profesorado y contribuirá, de un modo sustantivo, al éxito educativo y a la mejora escolar.

Le ruego que, si lo considera oportuno, dé la máxima difusión a esta información.

Con mi agradecimiento anticipado.

Muy cordialmente.

Francisco López Rupérez
Presidente del Consejo Escolar del Estado

Ampliación prazo cuestionario convivencia

Para suplir eventuais problemas técnicos e tendo en conta as solicitudes recibidas desde diversos centros, o prazo para cubrir o cuestionario de convivencia ampliouse para todos os sectores da comunidade escolar, ata o 8 de decembro ás 23:59 h.

Agradecemos a colaboración.

Morreu Neira Vilas

Morreu Neira.
Esta mesma mañá, unha amiga común chamoume ao centro para dicirmo.

Deixounos sen facer ruído, durmido...
Quen sabe se soñando...

Hai catro días falei con el. Semellaba estar ben. A súa voz soaba con forza.
Tiña plans para hoxe.
Tíñaos.

Non deixou de traballar nunca. Traballador incansable...
traballador comprometido coa lingua...
...coa nosa.

Don Xosé estivo connosco hai pouco. O salón de actos, cheo, gardaba silencio. Mesmo parecía que as paredes o escoitaban!

Seguro que o facían...

Escoitaban as vivencias dun rapaz na súa aldea, as dun exiliado que non baixou a cabeza e loitou dende alén do mar pola súa lingua, e así polo seu pobo.
O pobo dun neno labrego...

Escoitaban en silencio.
Aprendían en silencio.

Morreu Neira.

Mais vivirá sempre Balbino.

                                                     Íñigo

 

(nova na web publicada o 21 de abri de 2015):

O pasado xoves 16 de abril tivemos a inmensa fortuna de poder contar coa presenza de D. Xosé Neira Vilas, que tivo a xenerosidade de facernos unha visita e charlar co alumnado de Bacharelato.

Os nosos alumnos e alumnas non esquecerán as súas palabras. Tiveron a oportunidade de estar cunha lenda da nosa literatura, que ademais demostrou a súa grande humanidade.

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

 

Esta presentación necesita flash para ser visualizada: se está nun dispositivo móbil, soamente algúns navegadores, como Puffin Browser, poderán reproducila. Pode instalalo dende estas ligazóns: dispositivos con iOS / dispositivos con Android

O 25 de novembro, o alumnado e profesorado do IES Leiras Pulpeiro recordamos a todas as vítimas da violencia machista e dixemos NO!!! a esta lacra social.

Limos sentidos poemas, escoitamos unha melodía de liberdade, e gardamos un sobrecoxedor minuto de silencio.

 

Visita á Granja Campomayor

O alumnado do Ciclo formativo de Grao Superios de Procesos e Calidade na industria Alimentaria visitou as instalacións da Granja Campomayor, dentro do seu programa de actividades complementarias.

Ao longo do curso, este alumnado visitará distintas empresas co fin de achegarse aos procesos reais de producción e comercialización dos produtos alimentarios.

 

Obradoiro científico de Galiciencia: “Dos átomos á luz”

Un profesor especialista en divulgación científica, presentou en Galiciencia, no parque tecnolóxico de Ourense, unhas experiencias sobre a luz e os átomos, que seguíu o alumnado de Física e Química de 4º ESO e 3º ESO B do noso instituto con grande interese, a través dunha videoconferencia.

O taller consiste nunha exploración experimental desde as propiedades dos átomos ata o comportamento da luz.

 

Resumo da charla:

Así como a materia está formada por unidades (átomos) que posúen unha estrutura (núcleo e electróns), a luz tamén está formada por unidades (fotóns) que actúan individualmente coa materia e pode producir cambios químicos que dependen da enerxía dos fotóns e da enerxía coa que os átomos están unidos.

Os espectros son representacións da distribución de enerxía presente na luz e de como a luz interacciona cos materiais.

A luz orixínase nos cambios de estado dos electróns nos átomos e a súa análise (espectroscopía) revela que átomos son responsables da emisión de luz. Vemos a luz debido a unha reacción fotoquímica nos pigmentos presentes nas células sensibles da retina, que soamente responden a un certo intervalo da radiación electromagnética (luz visible).

E chegamos a Santiago!

(Preme nas fotos para velas a maior tamaño)

 
Ao longo da pasada semana, o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Leiras Pulpeiro completou con éxito o Camiño de Santiago dende Pedrafita do Cebreiro.
 
Noraboa, fixestes un enorme esforzo e todo saíu moi ben. Esperamos que o teñades desfrutado. Son vivencias para nunca esquecer.
 

Videoconferencia no Día da Ciencia en Galego

 

    

 

O pasado mércores 4 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato e o de 3º de ESO participamos nunha videoconferencia con Xurxo Mariño, que nos deleitou cunha charla sobre neurociencia.

Aprendimos moito das posibilidades do noso cerebro, de como construímos a nosa visión do mundo a partir da lingua materna na que medramos e dos estímulos que recibimos polos nosos sentidos.

Ao final puidemos facer preguntas a través de Twitter (@leiraspulpeiro) e Xurxo respostou algunha delas en directo. Outras respostounas despois de rematar a videoconferencia, evidentemente moito máis brevemente (podedes velas nas imaxes).

A actividade, organizada por Igaciencia, recordounos que a nosa lingua é tan válida coma calquera outra para transmitir os coñecementos científicos.

 

Apadriña un lector 2015

(Preme na imaxe para acceder á reportaxe gráfica)

Un ano máis, chegado xuño, o noso alumnado de 1º BAC e do Club de lectura apadriñaron aos futuros lectores do CEIP de Casás. 

Os nenos e nenas de cinco anos deste cole viñeron encantados para pasar un día inesquecible: escoitaron atentos o conto Os tres porquiños, coñeceron ós seus padriños e madriñas e foron con eles ata o noso xardín máxico, onde compartiron preciosas historias e xogaron todos xuntos.

Finalmente, houbo "chuches" para adozar a despedida.

Distribuir contido


by Dr. Radut