Cuestionario convivencia
O Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia promove unha enquisa para a avaliación da convivencia nos centros escolares. Cada membro da comunidade educativa deberá subrir o seu cuestionario para contribuir aos resultados.
A enquisa é anónima. Dende o centro repartiremos claves de acceso aleatorias que identifican ó IES Leiras Pulpeiro, pero que non identifican ás persoas que fan a enquisa.
O cuestionario leva cubrilo uns 15 minutos, e só se pode facer unha vez. Se se pecha sen rematalo, a clave de acceso non poderá volver usarse.
É probable que o enlace dea unha mensaxe de erro de seguridade. Nesa pantalla, haberá que "añadir excepción", "confirmar excepción", "aceptar certificado" ou outro botón similar que indique que aceptas continuar.
- Enquisa familias: https://edu.xunta.es/convfamil
- Alumnado ata 4º ESO": https://edu.xunta.es/convobrig
- Alumnado BAC: https://edu.xunta.es/convpost
- Alumnado NEE: https://edu.xunta.es/convee
- Profesorado: https://edu.xunta.es/convdoce
- PAS: https://edu.xunta.es/convpas