Eleccións ó Consello Escolar
O día 11 de novembro remata o prazo para a presentación de candidaturas ó Consello Escolar do IES Leiras Pulpeiro nos sectores de PROFESORADO e ALUMNADO. No sector de Profesorado hai tres prazas a renovar e no sector de alumnado hai catro prazas.
As persoas interesadas poden recoller a documentación para a candidatura na Secretaría do centro en horario de 9:00-14:00 horas.
Os censos provisionais están á disposición da comunidade educativa nun taboleiro acreditado para as eleccións no corredor da planta principal.
Animádevos.